"YOU" é o segundo single lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 10 de xuño do ano 1998, dous meses despois do lanzamento do seu primeiro single.
Este segundo single foi unha balada, o contrario do primeiro, que era máis unha canción J-Pop. As letras tamén foron escritas pola mesma Ayumi. A continuación un extracto das letras:
Moitas cousas
Pasaron polo noso camiño
Pero sempre estarei orgullosa de ti
Estando aquí, agora
Unha persoa non é só un ser vivente
Con memorias e sentimentos
É algo que non pode ser expresado con palabras
No primeiro álbum de estudio de Ayumi "A song for XX", a mesma moza escribiu unha pequena lenda sobre esta canción, e di así: "O cristal é transparente e fermoso... e vai quebrarse".