Xuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xuro[1] é a remuneración cobrada polo empréstito de cartos. É expresado como un porcentual sobre o valor emprestado (taxa de xuro) e pode ser calculado de dúas formas: xuros simples ou xuros compostos.

O xuro pode ser comprendido como unha especie de "alugueiro sobre o diñeiro". A taxa sería unha compensación pagada polo tomador do empréstito para ter o dereito de usar o diñeiro até o día do pagamento. O acredor, por outro lado, recibe unha compensación por non poder usar ese diñeiro até o día do pagamento e por correr o risco de non recibir o diñeiro de volta.

Historia[editar | editar a fonte]

Documentos históricos redactados pola civilización sumeria, ó redor do ano 3000 a.C., revelan que o mundo antigo desenvolveu un sistema formalizado de crédito baseado en dous principais produtos, o gran e a prata. Antes de existiren as moedas, o préstamo de metal era un feito baseado no seu peso. Os arqueólogos descubriron pedazos de metais que foron usados no comercio nas civilizacións de Troia, Babilonia, Exipto e Persia. Antes de que se desenvolvese o empréstito en diñeiro, o préstamo de cereal e de prata facilitaba a dinámica do comercio.

Na República Romana, o ano do consulado de Marco Fabio Ambusto (pola terceira vez) e ou Tito Quincio ou Marco Popilio, a taxa de xuros foi reducida para 8 1/3 por cento, mesmo así, os plebeos continuaban sen conseguir pagar as súas débedas.

Notas[editar | editar a fonte]