Xulio Nepote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXulio Nepote

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Iulius Nepos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento430 Editar o valor em Wikidata
Dalmacia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 480 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Split Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida de arma branca Editar o valor em Wikidata)
Western Roman emperor (en) Traducir
xuño de 474 (Gregoriano) – 28 de agosto de 475 (Gregoriano)
← GlicerioRómulo Augústulo →
Gobernante Dalmacia
xuño de 474 – 480
← Marcellinus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoLow Roman Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
476Deposition of Romulus Augustulus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEsposa de Júlio Nepos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiNepotianus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Flavius Iulius Nepotianus, tamén coñecido como Xulio Nepote, foi emperador do Imperio Romano de Occidente entre os anos 474 e 476.

Xulio Nepote era fillo do magister militiae do Imperio Oriental entre os anos 458 o 461. Tamén era neto do magister utriusque militiae da Dalmacia nos anos 461 o 468. El mesmo era natural da Dalmacia, e magister militae da súa provincia natal, segregada do Imperio Occidental a raíz dos feitos acaecidos trala morte de Maioriano e que fora practicamente independente do Imperio Occidental, pero estaba unida á Prefectura das Pannonias.

Nomeamento e acceso[editar | editar a fonte]

Estaba casado con Neptis, sobriña da emperatriz Verina, esposa do emperador León I. A raíz dos acontecementos en Italia, que nomean emperador a Glicerio, León I atopa a oportunidade de volver a influír na política de Italia e no Imperio Occidental, e o vello soño de unificar un só Imperio e unha soa coroa bulía na súa cabeza desde había tempo, e en realidade xa o intentaran outros anteriormente. Non recoñece a Glicerio, e nomea a Xulio Nepote coma emperador, conseguindo deste xeito asegurarse a Dalmacia coma provincia propia, meter os fociños na política italiana e conseguir para a súa sobriña unha coroa. Pero debido ás datas en que se toma esta decisión, Xulio Nepote non se pode trasladar a Roma, xa que o inverno impide as viaxes por mar. Cando chega o tempo da viaxe, na primavera do 474, desprázase cara a Ostia, porto preto de Roma, onde chega en xuño.

Glicerio réndese sen opoñer resistencia, sendo nomeado bispo de Salona, localidade da Dalmacia, e Xulio Nepote é nomeado emperador polo Senado de Roma. Pero as cousas non son tan doadas para León I e Xulio Nepote, xa que o nomeamento vese coma unha inxerencia dun imperio "estranxeiro", en primeiro lugar. E en segundo lugar e moi importante, a Dalmacia si que lle importaba e moito ao Imperio Occidental, e ademais Xulio Nepote era sobriño do patricio Marcelino, que era pagán.

Ademais, aquí hai que ter en conta a dualidade do Imperio Romano Occidental, xa que o Senado conservábase en Roma, con funcións máis ou menos lexislativas, mentres a corte estaba en realidade en Ravena, onde emanaba o verdadeiro poder político, e que dominaba o Senado de Roma. E alí mandaba Gundebaldo, un burgundio que herdara de Ricimer o título de patricio e magister militiae, e que en realidade fora quen nomeara a Glicerio como emperador.

Reinado[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe da política establecida por Xulio Nepote. Cuñou moeda en Roma, Rávena e Milán. No intento de atraer os visigodos, nomeou a Orestes coma magister militarum e patricio, en oposición de Gundebaldo, que era burgundio e neses intres atopabase lonxe da Italia, xa que o seu tio Khilperico, rei dos burgundios, estaba sendo atacado por Eurico, rei dos visigodos de Tolosa.

E como os visigodos estaban a ocupar unha gran parte da Provenza, Xulio Nepote envía unha delegación de bispos a falar con Eurico, que traen boas palabras, pero poucos resultados. Unha segunda delegación formada por catro bispos do sur da Galia parece conseguir mellores resultados na corte de Eurico.

Por outra banda, os ataques dos vándalos contra as costas de Italia regresaran de novo. Xulio Nepote entra en negociacións con eles para finalizar con esta lacra de anos, e recoñece as posesións dos vándalos en África, Sicilia, Córsega e as Illas Baleares. Con este recoñecemento, rematan estes ataques nun primeiro momento.

Expulsión[editar | editar a fonte]

Aproveitando que Xulio Nepote se encontra na Dalmacia, xa que era a súa prioridade, e non a situación italiana, Orestes dá un verdadeiro golpe de estado, declárase patricio e nomea un emperador ao seu xeito, seguindo a tradición dos gobernantes do século V. O elixido é o seu fillo, Romulus, chamado así en honor do tío de Orestes, é que axiña os romanos lle antepoñen o título de Augustulus (pequeno augusto), xa que só tiña dez anos. Este nomeamento faise en Ravena.

Segundo Reinado[editar | editar a fonte]

Rómulo Augústulo envía unha carta a Zenón, o novo emperador de Oriente, para dicirlle que un só emperador para ambos os imperios era suficiente, cando Xulio Nepote manda unha carta pedíndolle axuda para "reconquistar" o Imperio, xa que ten diñeiro e exército para facelo, pero é necesaria a súa axuda e recoñecemento para a restauración. Era setembro do 476. Pero Rómulo Augústulo xa estaba practicamente fóra de xogo, porque Odoacro xa o obrigara a abdicar, despois dunha pequena guerra civil en contra do seu pai Orestes, que morrera preto de Rávena. Esta abdicación conseguiu que Odoacro se convertera no verdadeiro dono de Italia e do Imperio Romano, e as insignias imperiais foran enviadas a Zenón. Aínda que non fora recoñecido como tal, Roma seguía a cuñar moedas con nomes de Xulio Nepote e Zenón, pero este non regresara a Italia nin o faría nunca. Era o emperador recoñecido por Oriente, pero de facto o Imperio Romano xa desaparecera.

Morte[editar | editar a fonte]

Xulio Nepote morre probablemente o 25 de abril do 480. Foi asasinado polos seus seguidores e debido a intrigas interiores na Dalmacia, posiblemente en Salónica. Odoacro toma vantaxe desta situación, invade a Dalmacia e por conquista asenta os seus exércitos naquela terra, incorporándoa aos seus dominios.

Imperio Romano

Segue a:
Glicerio
Xulio Nepote
Precede a:
Rómulo Augústulo
Imperio de Occidente