Xoán, Apóstolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán o Apóstolo»)
San Xoán
Nacementoen Betsaida, Galilea, Imperio Romano
PasamentoPatmos, Grecia, Imperio Romano
Proceso de canonización
BeatificaciónPrecongregación
Veneración
Festividade27 de decembro (Igrexa católica, Comuñón Anglicana)
26 de setembro (Igrexa ortodoxa)

Xoán o Apóstolo[1] (arameo: ܝܘܚܢܢ ܫܠܝܚܐ Yohanan Shliha; hebreo: יוחנן בן זבדי Yohanan ben Zavdi; koiné: Ἰωάννης; latín: Ioannes; c. AD 6-100) foi un dos doce apóstolos de Xesús segundo o Novo Testamento, que se refire a el como Ἰωάννης. Xeralmente lístase como o apóstolo máis novo, fillo de Zebedeo e Salomé. O seu irmán era Santiago, outro dos doce apóstolos.

Aínda que a tradición cristiá afirma que sobreviviu o resto dos apóstolos e que foi o único que morreu por causas naturais sen sufrir martirio, algúns cristiáns, como a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días afirman que Xoán foi trasladado, é dicir, que "viviría para sempre", ou ata que Deus o viu listo para resucitalo (Xoán 21:20-23, NIV).[2] Os pais da Igrexa consideran que é a mesma persoa que Xoán o Evanxelista, Xoán de Patmos, Xoán o Ancián e o discípulo amado, aínda que os teólogos modernos non teñen un consenso sobre as identidades destes homes. As tradicións da maioría dos cristiáns consideran que o apóstolo Xoán é o autor de varios libros do Novo Testamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saint John the Apostle". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-04-22. 
  2. "Doctrine and Covenants 7". www.lds.org. Consultado o 7-12-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]