Xosé María Díaz Sanxurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé María Díaz Sanxurxo
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1818 Editar o valor em Wikidata
Suegos, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1857 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Nam Dinh Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Vigairo apostólico
26 de agosto de 1852 –
Bispo titular
5 de setembro de 1848 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1849–), sacerdote católico (1844–), misioneiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJerónimo Hermosilla Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de xullo Editar o valor em Wikidata

Xosé María Díaz Sanxurxo, nado en Suegos[1][2] (Pol) o 25 de outubro de 1818[3] e finado en Tonkín (Vietnam) o 20 de xullo de 1857[2], foi un santo, bispo e mártir[2] da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na freguesía de Santa Eulalia de Suegos. Ingresou xa moi novo no Seminario de Lugo e máis adiante na orde dominicana (Dominicos).

Foi misioneiro en Manila e posteriormente en Vietnam. Foi bispo de Tonkín. Autor dunha gramática hispano-vietnamita. Padeceu martirio o 20 de xullo de 1857, despois de ser detido e encadeado polas autoridades vietnamitas é finalmente executado. O seu verdugo decapitouno en tres golpes, tal coma el mesmo pedira. Este é o día no que figura no santoral.

A raíz da súa morte, Francia realizou as súas primeiras incursións militares en Vietnam. O alfabeto vietnamita é dos poucos, xunto co bretón, galego e castelán, que conta co ñ,[Cómpre referencia] do cal é responsábel Xosé María Díaz.

Foi beatificado no 1951, por Pío XII e nomeado santo por Xoán Paulo II en 1988.[4]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Domingo Martí
 Vigairo apostólico de Tonkín Central 
1852 - 1857
Sucesor:
Melchor García Sanpedro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palacios, Xosé María (19-10-2018). "El fraile de Pol que acabó implicado en una guerra en Asia y que llegó a santo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3-2-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vilanova Rodríguez, Alberto (1946). "La teología Gallega. Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo". Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Tomo II: 79. 
  3. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Díaz Sanjurjo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 358. 
  4. Follana (2018), p. 141

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Follana Neira, Fernanda (2018). "200 años de San José María Díaz Sanjurjo: hijo de Pol, obispo y mártir en Vietnam". Lucensia (en castelán) (Lugo). XXVIII (56): 141–154. ISSN 1130-6831. 
  • Ónega López, José Ramón (1991). José María Díaz Sanjurjo: (un gallego en Vietnam) (en castelán). Lugo: Deputación Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións. ISBN 9788486824877. 
  • Trapiello y Sierra, Francisco (1899). Vida del venerable protomártir del Colegio de Dominicos de Ocaña, reverendísimo padre p. José María Díaz Sanjurjo, obispo de Platea y vicario apostólico del Tung-King Central (en castelán). Lugo: Tipografía de Gerardo Castro.