Xosé Antonio Touriñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Antonio Touriñán
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Castelo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , presentador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webtourinhan.gal Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2673123 Facebook: tourinhan Twitter: xatouri Instagram: touri Editar o valor em Wikidata

Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Castelo, Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares de Culleredo, e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. A principios do 2000 creou con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre. Interpretando as personaxes de Mucha e Nucha, realizaron as súas primeiras aparicións televisivas nas últimas edicións do Supermartes, da Televisión de Galicia, e máis tarde acadaron sona cos mesmos roles no programa Luar.[1] En 2006 realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel no filme Días azuis, de Miguel Santesmases.[1] Durante os seguintes anos aparceu ademais noutros programas da TVG como Air Galicia ou a serie de éxito Padre Casares.

No ano 2007 abriu en Carral xunto a Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias "Cantareiras de Ardebullo". 

En 2009 presentou o programa sobre sendeirismo Botarse ao monte, polo que recibiu o seu primeiro nomeamento aos premios Mestre Mateo, premios que el mesmo presentou por primeira vez en 2010.

Entre 2011 e 2015 apareceu en Era visto!, interpretando ao taberneiro Puskas. Traballou habitualmente en Land Rober, e en 2012, despois de que o seu presentador, Roberto Vilar marchase a Mediaset, e o programa fose cancelado, Touriñán pasou a presentar un novo espazo no mesmo horario e co mesmo equipo: Tourilandia.[2][3] En 2014 chegoulle o seu primeiro papel de importancia no cine, no filme de Alfonso Zarauza Os fenómenos.[1]

En 2018 traballou na serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, e onde interpretou a un dos fillos do traficante Manuel Charlín. Dende 2021 presenta xunto con Marta Hazas para TVE o programa de viaxes Rutas bizarras, emitido en La 2.[4] A continuación protagonizou o filme Cuñados e tivo un papel en Malencolía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Xunto á súa parella, Patricia, é pai de dous fillos: Antía e Andrés.[5]

Filmografía como actor[editar | editar a fonte]

Xosé Antonio Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo, nas festas do Carme de Marín

Como presentador de televisión[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2009 Mellor comunicador Botarse ao monte Nomeado
2011 Mellor comunicador Un soño de Nadal Nomeado
2012 Mellor comunicador Tourilandia Nomeado
2013 Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado
2014 Mellor actor secundario Os fenómenos Nomeado
Mellor comunicador A casa da conexa Nomeado
2018 Mellor actor Land Róber Tunai Show Nomeado
2021 Mellor actor Cuñados Nomeado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Xosé Antonio Touriñán, el actor de moda" (en castelán). 25 de setembro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  2. "Xosé Antonio Touriñán responde". Faro de Vigo. 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  3. "A TVG estrea esta noite "Tourilandia", o novo programa de humor e entretemento presentado por Xosé A. Touriñán". Televisión de Galicia. 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  4. "‘Rutas bizarras’ vuelve a La 2 para recorrer el Camino de Santiago". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de abril de 2022. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  5. "El confinamiento tiene sus momentos". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2020. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  6. Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]