Xinsén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ginseng

O xinsén[1] ou ginseng[2] (Panax sp.) é unha planta utilizada na medicina chinesa hai millares de anos para incrementar a lonxevidade e a cualidade de vida. O Panax ginseng é a especie máis estudada e dispoñíbel comercialmente. Outra especie, Panax quinquefolius (ginseng americano), é cultivada no medio oeste dos Estados Unidos e exportada a China.

O ginseng "branco" consiste simplemente na raíz deshidratada, n o ginseng "vermelo" consiste na raíz aquecida ao vapor e deshidratada.

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A parte medicinal da planta é a súa raíz, de crecemento lento, collida despois de catro a seis anos, cando o seu teor global de ginsenosídeo - o ingrediente activo principal do ginseng - atinxe o máximo. Existen trece ginsenosídeos en total. O Panax ginseng tamén contén panaxanos, substancias que poden reducir os niveis de azucre no sangue (glicosa) e polisacáridos, moléculas complexas de azucre.

Sábese que o ginseng mellora a actuación da corrente sanguínea, facendo así unha mellora das actividades físicas e mentais.

Algunhas persoas testemuñan que o ginseng tamén mellora a actividade sexual, actuando nunha ríxida erección. Esta última afirmación aínda está sen comprobación científica.

Frascos con raíces de ginseng en Seúl, Corea do Sur

Especies[editar | editar a fonte]

  • Panax ginseng - ginseng chinés
  • Panax quinquefolius - ginseng americano
  • Panax japonicus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xinsén". TERGAL: Banco de termos galegos recomendados. Consultado o 05/02/2020. 
  2. "ginseng*". Dicionario de galego. Ed. Ir Indo. Consultado o 05/02/2020.