Xherdan Shaqiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xherdan Shaqiri
Shaqiri coa selección suíza no Mundial de Fútbol de 2018.
Información persoal
Nome Xherdan Shaqiri[1]
Nacemento 10 de outubro de 1991 (32 anos)
Lugar de nacemento Gjilan
Altura 1,69 m[2]
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Olympique de Lión
Número 29
Carreira xuvenil
1999–2001 SV Augst
2001–2009 FC Basel
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 FC Basel II 19 (8)
2009–2012 FC Basel 92 (18)
2012–2015 Bayern München 52 (11)
2015 Inter de Milán 15 (1)
2015–2018 Stoke City 84 (15)
2018–2021 Liverpool 45 (7)
2021– Olympique de Lión 10 (1)
Selección nacional
2007–2008 Suíza sub-17 10 (0)
2008–2009 Suíza sub-18 5 (0)
2009 Suíza sub-19 5 (3)
2009–2011 Suíza sub-21 7 (1)
2010– Suíza 100 (26)
Na rede
http://www.xherdanshaqiri.com/
Facebook: XS1991 Twitter: XS_11official Instagram: shaqirixherdan FIFA: 321653 UEFA: 1905360 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16:22, 13 de maio de 2018 (UTC)
Selección: actualizado a 26 de xaneiro de 2022.editar datos en Wikidata ]

Xherdan Shaqiri, nado en Gjilan o 10 de outubro de 1991, é un futbolista suízo que xoga como centrocampista no Olympique de Lión da Ligue 1 francesa e mais na selección suíza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Kosovo, na época parte de Iugoslavia, de pais albanokosovares,[3] e emigrou a Suíza cos seus pais e tres irmáns en 1992.[4]

En 2001 principiou a xogar cos equipos xuvenís do FC Basel chegando ao primeiro equipo na tempada 2009/10 con só 18 anos. Suplente nos inicios, logrou un posto no once titular logo da marcha de Eren Derdiyok ao Bayer Leverkusen, e conseguiu tres títulos da liga suíza. En febreiro de 2012 foi traspasado ao Bayern München, onde xogou durante tres anos, antes de ser fichado en xaneiro de 2015 polo Inter de Milán por 15 millóns de euros. Xogou só sete meses no club italiano, sendo traspasado ese mesmo ano ao Stoke City por 12 millóns de libras.

É internacional absoluto coa selección suíza dende 2010. Participou co seu país nas Copas do Mundo de 2010, 2014 e 2018, e tamén nas Eurocopas de 2016 e 2020.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FIFA Club World Cup Morocco 2013: List of Players" (PDF). FIFA. 7 de decembro de 2013. p. 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2018. 
  2. "Xherdan Shaqiri: Overview". Premier League. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2018. 
  3. "Xherdan Shaqiri biography". FootballTop.com. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  4. Rico, Simon (22 de decembro de 2012). "Football : Xherdan Shaqiri, le meilleur ambassadeur suisse du Kosovo". Le Courrier des Balkans. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  5. "Balkan imports hitting big time as Switzerland establish themselves as World Cup regulars". The National. 15 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]