Xesús Carro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXesús Carro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela
Morte8 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSantiago Carro García Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2110340

Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884[1] e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.[2]

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941[3] e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las catedrales gallegas, 1950.
  • Estudios jacobeos, 1954.
  • A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Carro Otero (17 de abril de 1965). "Notas bibliográficas de D. Xesús Carro García". La Noche. 
  2. Prado-Vilar, Francisco (2020-07-26). "El sueño de Galicia y el Códice Calixtino". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  3. Xesús Carro na páxina da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]