Xenética de poboacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xenética de poboacións é a póla da xenética cuxa problematica é describir a variación e distribución biolóxica, co obxecto de dar explicación a fenómenos evolutivos. Para iso, define a unha poboación como un grupo de individuos da mesma especie que están illados reproductivamente doutros grupos afíns. Estas poboacións, están suxeitas a mudanzas evolutivas nos que subxacen mudanzas xenéticas, as que á súa vez están influenciadas por factores como a selección natural e a deriva xenética que actúan principalmente diminuíndo a variabilidade das poboacións, ou migración e mutación que actúan aumentándoa.

Cabo destacar, que a perda de variabilidade xenética nas poboacións trae consigo dous graves problemas:

  1. Coarta a posibilidade de que o home poida realizar melloramento xenético en especie de interese comercial e/ou recreativo, e
  2. Diminúe a eficacia biolóxica (fitness) das especies ante novos cambios ambientais.

Pola súa banda, a presenza de variabilidade xenética é desexable non só para o melloramento xenético ou conservación de especies, xa que o rol fundamental da variabilidade xenética é ser a materia prima para os procesos evolutivos, sen variabilidade non hai evolución. A interacción destes factores coas poboacións no tempo, permite a existencia de gran número de especies con variadas estruturas de poboación e formas de vida.

Así, a xenética de poboacións é un elemento esencial da síntese evolutiva moderna. Os seus principais fundadores, Sewall Wright, J.B.S. Haldane e Ronald Fisher, estableceron ademais as bases formais da xenética cuantitativa. As obras fundacionais da xenética de poboacións son The Genetical Theory of Natural Selection (Fisher 1930), Evolution in Mendelian Populations (Wright 1931) e The Causes of Evolution (Haldane 1932).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.