Xeneral Sherman (árbore)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral do Xeneral Sherman.

O Xeneral Sherman é unha sequoia xigante situada dentro do Parque Nacional da Sequoia en California, nos Estados Unidos de América. É a meirande árbore do mundo e tamén o organismo vivo máis grande que existe. A súa idade está estimada en 2200 anos.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi no ano 1879 cando o naturalista James Wolverton a bautizou como Xeneral Sherman na honra ó xeneral William Tecumseh Sherman.

Base do tronco do Xeneral Sherman.

Máis tarde, a asociación socialista Kawea Colony, estableceuse preto da árbore en 1880 e renomeouna como Karl Marx. Non foi até o ano 1931 que a árbore foi recoñecida como a máis grande do mundo despois dunha controversia con outra sequoia veciña coñecida como Xeneral Grant. Porén, a controversia volveu co descubrimento en 2006 de Hyperion, outra sequoia cunha altitude de 115,61 metros e polo tanto de maior altura que o Xeneral Sherman. Aínda así, o Xeneral Sherman segue a ser a maior árbore en canto a volume, que se considera como o criterio máis importante.

Características[editar | editar a fonte]

Medidas Datos
Altura respecto á base 83,8m
Circunferencia na base 31,1m
Diámetro na base 11,1m
Diámetro a 1,50m da base 8,25m
Diámetro a 18m da base 5,3m
Diámetro a 55m da base 4,3m
Diámetro da póla máis grosa 2,1m
Altura da primeira póla grande dende o chan 39,6m
Extensión media da copa 32,5m
Masa estimada do tronco 1,121 t
Volume estimado do tronco 1,487 m³

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]