World Register of Marine Species

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O World Register of Marine Species (WoRMS, en galego Rexistro Mundial de Especies Mariñas) é unha base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños.[1] O contido do rexistro é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos. Estes taxonomistas controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon. WoRMS mostra os nomes válidos de tódolos organismos mariños coñecidos, pero tamén contén información sobre sinónimos e nomes incorrectos.

WoRMS foi fundada en 2008, recibindo fondos principalmente da Unión Europea. Manter ao día a base de datos é unha tarefa inxente, non só pola cantidade de información, senón porque constantemente novas especies son descubertas e descritas. Para o ano 2010 esperábase ter a base de datos completamente actualizada.[2]

En novembro do 2011, WoRMS tiña 212.633 especies mariñas válidas, das cales 191.155 estaban revisadas. O seu obxectivo é conseguir os datos das 240.000 especies mariñas estimadas no mundo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Towards a World Register of Marine Species". World Register of Marine Species.  (en inglés)
  2. Catherine Brahic (25-06-2008). "How many species live in the sea?". New Scientist.  (en inglés)
  3. World Register of Marine Species (ed.). "WoRMS - World Register of Marine Species". Consultado o 20-11-2011.  (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]