William Morris Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Morris Davis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte5 de febreiro de 1934 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMountain View Cemetery and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
23º President of the Geological Society of America (en) Traducir
1911 – 1912
← Arnold Hague (pt) TraducirHerman Le Roy Fairchild (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeólogo , escritor , xeógrafo , meteorólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorServiço Geológico dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosWinifred Goldring (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosEdward Mott Davis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiMaria Mott (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 6690881 Editar o valor em Wikidata


William Morris Davis, nado en Filadelfia o 12 de febreiro de 1850 e finado en Pasadena (California), o 5 de febreiro de 1934, foi un xeógrafo norteamericano, moitas veces chamado "pai da xeografía estadounidense", non só polo seu traballo e esforzos no afianzamento da xeografía como unha disciplina académica, senón tamén polo desenvolvemento da xeomorfoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Edward M. Mott Davis e Mary Davis, licenciouse na Universidade Harvard con 19 anos de idade, e un ano máis tarde, obtivo o máster en enxeñaría. Traballou en Córdoba, Arxentina, durante tres anos. Despois de traballar como asistente de Nathaniel Shaler tornouse instrutor de xeografía na Universidade de Harvard. Casou con Ellen B. Warner en Springfield, Massachusetts, en 1879. Foi profesor en Harvard, ata a súa xubilación en 1912.

Traballo[editar | editar a fonte]

William Morris Davis foi un gran promotor da xeografía. Traballou duro para aumentar o seu recoñecemento. Na década de 1890-1900, Davis foi un influente membro do comité que axudou a establecer patróns de xeografía en escolas públicas. Neste comité, Davis concienciouse de que a xeografía precisaba ser tratada como unha ciencia en escolas primarias e secundarias. A través dos seus esforzos esas ideas foron adoptadas.

Davis tamén foi un gran colaborador da National Geographic Society, para a revista da cal escribiu un gran número de artigos.

Davis tamén axudou a darlle forma á xeografía na universidade. Ademais de adestrar a algúns dos xeógrafos americanos de inicio do século XX como Mark Jefferson, Isaías Bowman, Curtis Marbut e Huntington Ellsworth, Davis axudou á formación da Asociación Americana de Xeógrafos (AAG) en 1904, recoñecendo a necesidade dunha organización académica da xeografía. Davis tomou posesión como primeiro presidente da AAG ese mesmo ano, foi reelixido en 1905 e serviu un terceiro mandato en 1909. Aínda que Davis foi moi influente no desenvolvemento da xeografía, pode ser máis coñecido como o pai da xeomorfoloxía.

A xeomorfoloxía é o estudo do relevo. William Morris Davis foi o fundador deste subcampo da xeografía. Davis desenvolveu unha teoría de creación e destrución da paisaxe, que el chamou ciclo xeográfico. A súa teoría explicou que as montañas e outros accidentes xeográficos son modelados pola influencia dunha serie de factores que se manifestan no ciclo xeográfico. Explicou que o ciclo comeza co estudo do relevo por procesos xeolóxicos (fallas, vulcanismo, levantamentos tectónicos etc). Os ríos e as escorras comezan a crear os vales en forma de V entre as montañas (o estadio chamado de "xuventude"). Durante esta primeira etapa, o terreo é máis irregular. Ao longo do tempo, as cadeas poden crear vales máis amplos ("madurez") e tornarse sinuosas, elevándose só outeiros ("envellecemento"). Por fin, todo acaba sendo unha chaira, plana na elevación máis baixa posible (o chamado "nivel de base") Esta chaira foi chamada por Davis "peniplanicie", que significa "case plano". Aínda que a teoría de Davis non é enteiramente precisa, era absolutamente revolucionaria e única no seu tempo e axudou a modernizar e a crear o subcampo da xeomorfoloxía. O mundo real non é tan ordenado como os ciclos da Davis, con todo, esta teoría foi rectificada e mellorada a través das achegas de científicos como Penck, Engeln, Bauling, Raisz, King entre outros.

Aínda que Davis publicou preto de 500 obras, nunca obtivo un doutoramento. Non só é responsable das obras durante o curso da súa vida, senón tamén do traballo excepcional feito polos seus discípulos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Geographic methods in geologic investigations, National Geographic Magazine 1:pp. 11–26 (1888)
  • The Rivers and Valleys of Pennsylvania, National Geographic Magazine 1: pp. 183–253 (1889)
  • The Geographical Cycle, Geographical Journal, vol. 14, pp. 481–504 (1899)
  • The Physical Geography of the Lands, Popular Science Monthly 2: pp. 157–170 (1900)
  • Elementary Physical Geography. Ginn and Co, Boston, p. 401.
  • Geographical Essays (Boston: Ginn, 1909)

Notas[editar | editar a fonte]