Willem Schouten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWillem Schouten

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1577 Editar o valor em Wikidata
Hoorn Editar o valor em Wikidata
Morte1625 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Baía de Antongil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Willem Schouten

Willem Cornelisz Schouten, nado en 1567, e finado en 1625, foi un navegador neerlandés natural da cidade de Hoorn. Con Jacob Le Maire realizou unha viaxe de exploración do océano Pacífico descubrindo o Cabo de Fornos. As illas Schouten, ó norte da Nova Irlanda, Papúa Nova Guinea, recibiron o seu nome.

Willem Schouten era un navegante con experiencia que xa tiña feito tres viaxes para a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Xuntouse á Compañía Australiana, organizada en Hoorn, como capitán do Eendracht na expedición de Jacob Le Maire (1615-1616). O seu irmán, Jan Schouten, era o capitán do Hoorn que se incendiou mesmo antes de dobrar o cabo de Fornos, e pouco despois Jan morreu de escorbuto.

Cruzou o Pacífico descubrindo, entre outras illas, as illas Hoorn (Futuna e Alofi en Wallis e Futuna), nome da súa cidade natal. Convenceu a Le Maire a seguir a ruta polo norte da Nova Guinea, doutro xeito irían parar ó perigoso Mar do Coral ó norte de Australia.

O navío foi confiscado en Xava por quebrar o monopolio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, e Schouten foi enviado a Ámsterdam. Axiña publicou o relato da viaxe, en 1618, con grande éxito popular e múltiples reedicións e traducións.

Nunha quinta viaxe morreu, en 1625, próximo a Antongil, en Madagascar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edward Duyker Mirror of the Australian Navigation by Jacob Le Maire: A Facsimile of the ‘Spieghel der Australische Navigatie . . .’ Being an Account of the Voyage of Jacob Le Maire and Willem Schouten 1615-1616 published in Amsterdam in 1622, Hordern House for the Australian National Maritime Museum, Sydney, 1999, pp. 202, ISBN 1 875567 25 9.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]