West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
West
Tipomarca rexistrada
Na rede
https://www.west.de/
editar datos en Wikidata ]

West é unha empresa alemá de cigarros. É unha compañía de Imperial Tobacco.

Os seus cigarros véndense na maioría de países europeos agás no Reino Unido e Irlanda. A marca véndese en máis de 90 países do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

West introduciuse ao mercado alemán en 1981 e só estaba dispoñible en tendas de tabaco. En 1987 empezáronse a vender en supermercados. West é a segunda marca máis popular en Alemaña.[cando?] Tamén está dispoñible en España.

Produtos[editar | editar a fonte]

Os seguintes produtos están dispoñibles:[cando?]

  • West Red, contén 10 mg de Alcatrán, 0,8 mg de Nicotina e 10 mg de Monóxido de carbono.
  • West Silver, tamén coñecido como West Lixeiro, contén 7 mg de Alcatrán, 0,6 mg de Nicotina e 7 mg de Monóxido de carbono.
  • West Blue, contén 4 mg de Alcatrán, 0,4 mg de Nicotina e 4 mg de Monóxido de carbono.
  • West Rich Blue, contén 8 mg de Alcatrán, 0,7 mg de Nicotina e 8 mg de Monóxido de carbono
  • West ICE, un cigarro de sabor a menta, contén 7 mg de Alcatrán, 0,6 mg de Nicotina e 7 mg de Monóxido de carbono

Publicidade[editar | editar a fonte]

West patrocinou a un pequeno equipo alemán de Fórmula 1 chamado Zakspeed de 1985 até 1990. Tamén patrocinou a McLaren de 1997 até 2005.