Volta rápida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Schumacher é o piloto de Fórmula 1 con máis voltas rápidas: ten un total de 77.

En automobilismo e motociclismo, coñécese como volta rápida á volta máis rápida lograda por un piloto durante unha carreira. Nalgunhas competicións, como as A1 Grand Prix e as GP2 Series, prémiase con puntos aos pilotos ou equipos que a logren.

En Fórmula 1 dábase un punto ao piloto que a lograse ata a tempada 1960. Desde 2007, o piloto que máis voltas rápidas marque durante a tempada é premiado co Trofeo DHL Volta rápida. Michael Schumacher posúe a marca de voltas rápidas dadas na categoría, cun total de 77.

En MotoGP non se dan puntos pola volta rápida. Giacomo Agostini ten a marca actual da categoría, con 117 voltas rápidas. Valentino Rossi, quen aínda participa na categoría, ocupa o segundo lugar con 92 voltas rápidas.

Pilotos de Fórmula 1 con máis voltas rápidas[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Voltas rápidas
1 Alemaña Michael Schumacher 77
2 Finlandia Kimi Räikkönen 42
3 Francia Alain Prost 41
4 Nigel Mansell 30
5 Jim Clark 28
6 Finlandia Mika Häkkinen 25
7 Austria Niki Lauda 24
Alemaña Sebastian Vettel 24
Lewis Hamilton 24
9 Juan Manuel Fangio 23
Nelson Piquet 23
11 España Fernando Alonso 21
Austria Gerhard Berger 21

Os pilotos en letra grosa compiten actualmente na categoría. Clasificación actualizada antes do comezo do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.

Pilotos de MotoGP con máis voltas rápidas[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Voltas rápidas
1 Italia Giacomo Agostini 117
2 Italia Valentino Rossi 92
3 España Ángel Nieto 81
4 Mike Hailwood 79
5 España Dani Pedrosa 61
6 Australia Michael Doohan 46
7 España Marc Márquez 45
8 Italia Max Biaggi 42
9 Phil Read 36
10 Jim Redman 35
11 John Surtees 34
Italia Carlo Ubbiali 34

Os pilotos en letra grosa compiten actualmente na categoría.