Vladimir Zworykin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVladimir Zworykin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Владимир Козьмич Зворыкин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxuño de 1888 ↔ xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Murom (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1982 Editar o valor em Wikidata (92/102 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Estado Russo (1918-1920) (pt) Traducir
Siberian Republic (en) Traducir
República Russa (pt) Traducir
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt. Petersburg Practical Institute of Technology (en) Traducir (–1912) Editar o valor em Wikidata
Director de teseBoris Rosing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría eléctrica, física, tecnoloxía da televisión, television transmitter (en) Traducir, Televisión e electron microscopy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro , físico , inventor Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresBoris Rosing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: ac420e02-423e-4fc1-930e-093ef831b308 Find a Grave: 103484571 Editar o valor em Wikidata
Zworykin cun receptor de raios catódicos, o kinescope, en 1929.

Vladimir Kozmich Zworykin, nado o 29 de xullo de 1888 en Murom (Rusia) e morto o 29 de xullo de 1982 en Princeton, Nova Jersey foi un inventor, enxeñeiro e pioneiro da televisión estadounidense de orixe rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zworykin estudou no Instituto de Tecnoloxía de San Petersburgo e no Collège de France en París. Despois de participar na Primeira guerra mundial emigrou aos Estados Unidos en 1919. Ingresou na Universidade de Pittsburgh, adoptando a nacionalidade estadounidense en 1924. Traballou na Westinghouse Electric Corporation de Pittsburgh. En 1923, e de novo con melloras en 1925, traballando na Westinghouse, solicitou a patente dun tubo de raios catódicos para a transmisión e recepción de imaxes, coñecido como Televisión Systems, pero non tivo éxito en conseguir un aparello funcional. En 1929 patentou un receptor de tubo de raios catódicos ao que chamou kinescope[1]. Ao cambiar aos laboratorios da Radio Corporation of America 1RCA cara 1930 comezou a experimentar cun novo tipo de tubo de raios catódico que deu orixe en 1931 ao primeiro iconoscopio funcional, unha das primeiras cámaras de televisión na que un raio de electróns de alta velocidade explora un mosaico fotoemisor[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Albert Abramson, Zworykin, Pioneer of Television, p. 84
  2. Dicky Howett Television Innovations: 50 Technological Developments, p. 15