Viñamala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°46′26″N 0°08′51″O / 42.773888888889, -0.1475

Vista do Vignemale desde o refuxio das Oulettes de Gaube

O pico Viñamala (Vignemale en francés e Comachibosa en aragonés) é un monte situado nos Pireneos, entre a provincia de Huesca (España) e o departamento de Altos Pireneos (Francia). Na cara española (val de Bujaruelo) forma parte da zona periférica de Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido, mentres que a francesa está dentro do Parque Nacional dos Pireneos. É o pico máis alto do Pireneo francés e do macizo ao que pertence.

Aínda que o 2 de agosto de 1792 uns xeógrafos deixaron un sinal na cima, mais ao non reterse o seu nome considérase como primeira ascensión "coñecida" a realizada o 8 de outubro de 1837 por Henri Cazauz, guía de Luz, e o seu amigo Bernard Guillembet.