Villa Borghese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Villa Borghese é un parque municipal de 80 hectáreas que está situado en Roma, Italia e reúne a un grande conxunto de xardíns e museos romanos e institucións culturais, incluíndo a Academia de Francia en Roma, tamén coñecida como Villa Medici. Está situado cerca da Porta del Popolo, ó comezo da Via Flaminia.

Templo de Esculapio, do século XIX

Historia[editar | editar a fonte]

Os xardíns de Villa Borghese foron creados por Flaminio Ponzio partindo dos planos do cardenal Scipione Borghese para facer máis agradable a mansión que el mesmo construíra ás aforas da cidade para a súa colección de arte. En 1605, fixo transformar unha viña en luxosos xardíns frondosos e umbríos regados por numerosas fontes. Este parque é o máis importante dos construídos en Roma despois da época antiga. O conxunto da vila foi rematado de construír no ano 1633. Os xardíns actuais datan do século XIX e son de estilo inglés.

Fachada do Palacio da Galería Borghese

Museos de Vila Borghese[editar | editar a fonte]