Vilaboa, Vilaboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Vilaboa
igrexa parroquial
ConcelloVilaboa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324Coordenadas: 42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324
Área13,44 km²
Poboación1.640 hab. (2022)
Densidade122,02 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.640 habitantes (811 homes e 829 mulleres). Ten dezasete entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un lintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela contigua á sancristía. A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.imaxe requirida

A casa reitoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun hórreo do século XVIII de 36 pés.

En Acuña hai un cruceiro de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.
O peto de ánimas do Toural, situado sobre un pequeno altar de granito fronte o consistorio, data do século XIX. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

O peto de ánimas do Coruxeiro está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).

No límite coa parroquia de Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[3], con inscricións medievais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilaboa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilaboa no concello pontevedrés de Vilaboa

Acuña | A Carballeira | Casal de Santa | Casanova | O Castenlo | Cavada Chan | Cimadevila | Coruxeiro | A Graña | Novás | Outeiro do Gato | O Outeiro | Paredes | Postemirón | A Regueira | O Río | O Toural

Parroquias de Vilaboa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]