Victor Prosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victor Prosch
Nacemento25 de novembro de 1820
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento29 de xullo de 1885
Lugar de falecementoCopenhague
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónveterinario, zoólogo e malacólogo
editar datos en Wikidata ]

Ferdinand Victor Alphons Prosch, tamén coñecido como Victor Prosch, nado o 25 de novembro de 1820 en Copenhague e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1885, foi un veterinario, biólogo e malacólogo dinamarqués.

Foi prospector do Museo de Zootomía da Universidade de Copenhague.

Honras[editar | editar a fonte]

En 1962 o seu compatriota o ictiólogo Bent J. Muus nomeou a subespecie Bathypolypus arcticus proschi na súa honra.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Prosch emprégase para recoñecer a Victor Prosch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Bibliografía[editar | editar a fonte]