Vianesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vianesa

Descrición da vaca vianesa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. taurus

A vianesa é unha raza de vacún autóctona de Galicia.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Cun peso medio duns 550-600 quilos, aínda que os touros poden acadar os 850–920 kg. Esta raza posúe unha pelaxe marrón escura e uns característicos cornos largos en espiral. A pelaxe dos touros é máis escura. Os francos son sombríos e o fociño escuro e aureolado cunha banda clara. De gran poder de tracción, críase tamén pola súa carne. É unha raza típica da provincia de Ourense.

Orixe[editar | editar a fonte]

A orixe da raza é bastante antiga, posiblemente xurdiu a partir do cruzamento entre as razas rubias e vermellas autóctonas de Galicia e do gando vacún escuro introducido trala chegada dos árabes no século VIII. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 2 958 exemplares (2022), aínda que dende a década de 1990 benefíciase dun programa de preservación do seu patrimonio xenético e reprodúcese na súa forma pura para manter os seus efectivos.

Utilidade[editar | editar a fonte]

Dende época antiga as vacas de raza vianesa empréganse de forma ecléctica para usos de tracción e produción de carne e leite. A vacas son boas nais e producen un leite moi rico e nutritivo para o crecemento dos becerros. Habitualmente pastoréase cun sistema semiextensivo-extensivo, con estabulación no inverno, e pastoreo ó aire libre durante o resto do ano, alimentándose tanto en pastos abertos como en zonas frondosas. A raza está ben adaptada ó rudo clima montañés da súa zona de distribución e resulta adecuada para a produción de carne como outras razas próximas, como a rubia galega.

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 1 520 345 1 865 75
2010 1 805 421 2 226 78
2011 2 088 479 2 567 77
2012 2 108 455 2 563 79
2013 2 125 361 2 486 78
2014 2 069 332 2 401 78
2015 2 325 380 2 705 84
2016 2 298 447 2 745 85
2017 2 277 411 2 688 78
2018 2 356 402 2 758 79
2019 2 303 422 2 725 71
2020 2 546 483 3 029 64
2021 2 635 462 3 097 66
2022 2 528 430 2 958 56
Gráfica de evolución demográfica da vaca vianesa entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 31 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]