Vergílio Ferreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Infotaula de personaVergílio Ferreira

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Vergílio António Ferreira Gose Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Melo, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1996 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Portugal
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoExistencialismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0274453 Editar o valor em Wikidata

Vergílio António Ferreira (Gouveia, Melo, 28 de xaneiro de 1916 — Lisboa, 1 de marzo de 1996) foi un escritor e profesor portugués. Ten unha biblioteca co seu nome en Gouveia.

Profesor de instituto, foi como escritor que máis se distinguiu. O seu nome continúa asociado á literatura a través da asignación do Premio Vergílio Ferreira. En 1992, foi galardoado co Premio Camões.[1]

A súa vasta obra, xeralmente dividida en ficción (novela, conto), ensaio e diario, acostuma ser agrupada en dous períodos literarios: o Neo-Realismo e o Existencialismo. Considérase que Mudanza é a obra que marca a transición entre os dous períodos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Vergílio Ferreira naceu en Melo, aldea do concello de Gouveia, na Beira Alta, na tarde do día 28 de xaneiro de 1916, fillo de António Augusto Ferreira, fogueteiro, e de Josefa Ferreira, doméstica, que, en 1927, emigraron para o Canadá (ou Estados Unidos), en busca dunha vida mellor, ficando Vergílio cos irmáns máis novos, César e Judite.[2][3] Esta dolorosa separación é descrita en Nítido Nulo. A neve - que virá a ser un dos elementos fundamentais do seu imaxinario romanesco - é o pano de fondo da infancia e adolescencia pasadas na zona da Serra da Estrela. Aos 12 anos, tras unha peregrinación a Lourdes, entra no seminario do Fundão, que frecuentará durante seis anos.[4] Esta vivencia será o tema central de Manhã Submersa.

En 1936, deixa o seminario e acaba o Curso Liceal no Liceu da Garda.[5] Entra para a Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, continuando a dedicarse á poesía, nunca publicada, salvo algúns versos lembrados en Conta-Corrente e, en 1939, escribe a súa primeira novela, O Camiño Fica Lonxe.[6] Licenciouse en Filoloxía Clásica en 1940. Concluíu no Liceu D.João III (1942), en Coímbra. Comeza dar clases en Faro. Publica o ensaio "Tería Camões lido Platón?" e, durante as vacacións, en Melo, escribe "Onde Todo foi Morrendo". En 1944, pasa a ensinar no Liceu de Bragança, publica "Onde Todo foi Morrendo" e escribe "Vagón "J" que, publicou en 1946, o mesmo ano en que casou, con Regina Kasprzykowsky, profesora polaca refuxiada en Portugal, con quen Vergílio ficará até á súa morte. Tras unha pasaxe polo liceu de Évora (onde escribiu a mundialmente coñecido novela Manhã Submersa, corría o ano de 1953), fíxase como docente en Lisboa, ensinando o resto da súa carreira no Liceu Camões.

O 3 de setembro de 1979 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[7]

En 1980, o realizador Lauro António adapta para o cinema, a novela Manhã Submersa e, Vergílio Ferreira interpreta un dos principais papeis, o de Reitor do Seminario, contracenando así con outras grandes figuras da escena portuguesa, tales como: Eunice Muñoz, Canto e Castro, Jacinto Ramos e Carlos Wallenstein. En 1992 foi elixido para a Academia das Ciencias de Lisboa; o mesmo ano recibiu, polo conxunto da obra, o "Premio Camões", o máis importante premio literario dos países da lingua portuguesa.[6] Vergílio morreu o día 1 de marzo de 1996, na súa casa, en Lisboa, na freguesía de Alvalade.[2] O funeral foi realizado no cemiterio de Melo, na súa terra-natal e, a súa petición, o caixón fóra enterrado virado para a Serra da Estrela.

Existencialismo[editar | editar a fonte]

Um cantor fixa um tema. Mas esse tema, revelando, como revela, um interesse, revela sobretudo que foi só dele que o artista pôde realizar-se como tal.

Atravesa a súa obra o discurso da alegría e felicidade, como un dos aspectos máis profundos da condición humana, sempre acompañado polo ruído das escaleiras da súa antiga casa, que advém do abandono da súa primeira noiva

Durante trece anos (1981-1994) Vergílio Ferreira publicou nove volumes de diario, ao cal puxo o título xenérico de Conta-Corrente.[8] Os textos contidos neses volumes van desde febreiro de 1969 (tempo en que iniciou a súa escrita) até decembro de 1992 (ano en que abandonou o xénero). Os volumes subdivídemse en dúas series: a primeira composta por cinco volumes e a segunda composta por catro volumes.

A publicación do diario de Vergílio Ferreira foi unha das poucas tempestades na tanquila comunidade literaria despois do 25 de abril, como tamén é «un documento precioso sobre a evolución da ideas do século XX portugués. Vergílio Ferreira era un home atento a todo aquilo que o rodeaba, quer tivese interese político, ou social, ou estético, ou literario. O seu diario veu, así, axitar a comunidade portuguesa pensante, creando algúns focos de conflito por un lado e manifestacións de apoio por outro.

O autor xa tiña por varias veces tentado escribir un diario, mais foi só en 1969 que leva o seu proxecto á fronte: «Fixen cincuenta e tres anos hai días. (…) É a opinión do Rexistro Civil (…). E entón lembreime: e se eu tentase unha vez máis o rexistro diario do que me foi afectando?» . Esta frase é sen dúbida elucidativa das intencións do autor: primeiro, tentar escribir un rexistro diario; segundo, escribir nel todo aquilo que o foi marcando. Nesta frase tamén se pode verificar que non é a primeira vez que o autor tenta escribir un diario: «e se eu tentase unha vez máis».

O tentar escribir un diario é algo que está sempre presente, e, moitas veces, a escrita dese mesmo diario tórnase difícil, pois o autor sente que se está a expor en demasiado perante o lector, sente que o lector pode “lelo”: «Extremamente difícil continuar este diario.(…) Que me lean unha novela, non me perturba. Mais non que me lean a min.» Existe a cuestión do íntimo sempre presente no longo deste volume e o propio autor refire que colocar ao alcance dos seus lectores a súa intimidade, os seus desabafos, non é propiamente algo que lle agrada: «o desexo de “desabafar” non é propiamente un desexo sublime».

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1938 A curva de uma vida (póstumo 2010, do espólio)
  • 1943 O Caminho Fica Longe
  • 1944 Onde Tudo Foi Morrendo
  • 1946 Vagão "J"
  • 1947 Promessa (póstumo 2010, do espólio)
  • 1949 Mudança (livro)|Mudança
  • 1953 A Face Sangrenta
  • 1954 Manhã Submersa
  • 1959 Aparição
  • 1960 Cântico Final
  • 1962 Estrela Polar
  • 1963 Apelo da Noite
  • 1965 Alegria Breve
  • 1971 Nítido Nulo
  • 1972 Apenas Homens
  • 1974 Rápida, a Sombra
  • 1976 Contos
  • 1979 Signo Sinal
  • 1983 Para Sempre
  • 1986 Uma Esplanada Sobre o Mar
  • 1987 Até ao Fim
  • 1990 Em Nome da Terra
  • 1993 Na Tua Face
  • 1995 Do Impossível Repouso
  • 1996 (póstuma) Cartas a Sandra

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • 1943 Sobre o Humorismo de Eça de Queirós
  • 1957 Do Mundo Original
  • 1958 Carta ao Futuro
  • 1963 Da Fenomenologia a Sartre
  • 1963 Interrogação ao Destino, Malraux
  • 1965 Espaço do Invisível I
  • 1969 Invocação ao Meu Corpo
  • 1976 Espaço do Invisível II
  • 1977 Espaço do Invisível III
  • 1981 Um Escritor Apresenta-se
  • 1987 Espaço do Invisível IV
  • 1988 Arte Tempo
  • 1998 Espaço do Invisível V (póstumo)


Diários[editar | editar a fonte]

  • 1980 Conta-Corrente I
  • 1981 Conta-Corrente II
  • 1983 Conta-Corrente III
  • 1986 Conta-Corrente IV
  • 1987 Conta-Corrente V
  • 1992 Pensar
  • 1993 Conta-Corrente-nova série I
  • 1993 Conta-Corrente-nova série II
  • 1994 Conta-Corrente-nova série III
  • 1994 Conta-Corrente-nova série IV
  • 2001 Escrever (póstumo)
  • 2010 Diário Inédito (póstumo, do espólio 1944-1949)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prêmio Camões de Literatura" (en português). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Vergílio Ferreira". 
  3. Rodrigues de Paiva 2007, pp. 28.
  4. Silva Gordo 1995, pp. 121.
  5. Afonso Borregana 1999.
  6. 6,0 6,1 Rodrigues de Paiva 2007, pp. 706.
  7. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Vergílio Ferreira". 
  8. Barbosa Machado 2014. (en portugués)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Afonso Borregana, António (1999). Aparição de Vergílio Ferreira: o texto em análise. ISBN 9724711889. 
  • Barbosa Machado, José (2014). Estudos de Literatura e Cultura Portuguesas (en português). ISBN 9898392258. 
  • Rodrigues de Paiva, José (2007). Vergílio Ferreira: Para sempre, romance-síntese e última fronteira de um território ficcional (en português). ISBN 8573154594. 
  • Silva Gordo, António da (1995). A escrita e o espaço no romance de Vergílio Ferreira (en português). ISBN 9720340835. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]