Ver, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ver
Estrada LU-546 en Ver, Bóveda
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°36′38″N 7°29′07″O / 42.61046865, -7.4851613Coordenadas: 42°36′38″N 7°29′07″O / 42.61046865, -7.4851613
Poboación78 hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicenzo de Ver é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 87 habitantes (52 mulleres e 35 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Limita coas parroquias de Bóveda e Guntín ó norte, Vilalpape e Ribas Pequenas ó sur, Mosteiro ó leste, e Martín polo oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

No Concilio de Oviedo (século IX) aparece como Vaer nun documento ó sinalizar os lindes da xurisdición do mosteiro de San Vicente do Pino. E con Afonso IX, o mesmo nome aparece nun privilexio a favor da igrexa de Lugo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial.
  • Igrexa parroquial. Data do século XVII. Edificio de planta rectangular, construído sobre un castro, con muros de cachotaría de lousa enlucidos. A capela maior, diferenciada da nave en planta e alzado, sepáraa da nave un arco rebaixado de medio punto, e ten a sancristía pegada ó alzado norte.
  • Casa Torre de Ver, no lugar de Sucastro. Trátase dun conxunto distribuído ó redor dun patio central, no que hai, á parte do edificio principal, un notable número de edificacións de carácter agrícola. O edificio principal, reconstruído en 1761, segundo reza unha inscrición sobre a porta principal, é unha construción de planta rectangular, con muros de cachotaría de lousa, e cuberta a catro augas, en madeira e lousa.
  • Existe un peto de ánimas de construción recente pero aproveitando materiais dun anterior. Está cuberto por unha cornixa moldurada sobre a que se situou unha cruz latina.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas celébranse en agosto na honra de San Roque.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ver[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ver no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

O Casar | Cima de Vila | Concheiros | Outeiro | Os Páxaros | Sucastro | Ver

Parroquias de Bóveda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]