Vedanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O símbolo "Om", concepto chave do Vedanta, mencionado en todas as Upanishads.

O Vedanta (Devanagari: वेदान्त, Vedānta) é unha das seis grandes correntes filosóficas indias[1]. A palabra era utilizada en orixe nesta tradición para referirse as ensinanzas que trataban co grupo de Vedas coñecidos como Upanishads.

O nome significa literalmente "O Remate dos Vedas", pois pretende ser compendio e esencia da ensinanza destes. Tamén se utiliza Vedanta para referírse a aquela persoa que acadou un coñecemento profundo dos catro Vedas [2].

Ao redor do século VIII a palabra comezou a referirse máis especificamente a aquelas filosofías de liberación que apuntaban á realidade última (Brahman).

Adi Shankara, tamén chamado Shankaracharya, foi o primeiro filósofo que consolidou a doutrina Advaita Vedanta e, por extensión, do Vedanta en xeral. Hoxe en día segue a ser unha das principais referencias desta corrente.

O Vedanta non se cinge ou restrinxe a unhas determinadas escrituras nin ten unha fonte de referencia exclusiva.

Vedanta e Mimamsa[editar | editar a fonte]

Dende o xiro que se produciu (século VIII), no Avaita cara a unha visión máis en liña coas coñecidas como "filosofías de liberación" , esta tamén é coñecida como Uttarā Mīmāṃsā: "A Última Indagación", ou a "Indagación Superior" e equipárase, en ocasións coa Pūrva Mimamsa, ou "Indagación Antiga". A Pūrva Mimamsa, habitualmente coñecida simplemente como Mimamsa, trata coa parte dos mantras védicos que se ocupa dunha parte máis ritual, mentres que o Vedanta trata de dar explicación ás ensinanzas esotéricas dos Āraṇyakas, e das Upanishads.

Subescolas do Vedanta[editar | editar a fonte]

  • Advaita Vedanta
  • Dvaita Vedanta
  • Dvaitādvaita
  • Vishishtadvaita
  • Sri Lakshmi Visishtadvaita
  • Shuddhādvaita

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vedantasara, La esencia del Vedanta. Edición e Tradución de Javier Ruiz Calderón". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2012. 
  2. Robert E. Hume, Professor Emeritus of History of Religions at the Union Theological Seminary, wrote in Random House's The American College Dictionary (1966): "It [Vedānta] is concerned with the end of the Vedas, both chronologically and teleologically."