Van (construción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha fiestra non deixa de ser un van nun muro. Neste caso con dous parladoiros nunha casa en Padrón.

Un van é calquera espazo baleiro,[1] polo xeral, calquera abertura nun elemento arquitectónico, e por extensión, emprégase tamén para se referir á distancia entre apoios nunha estrutura (tamén denominada "luz")[2]. Como significado particular, un van consiste nun oco aberto nun muro coa intención de alumear un lugar. Normalmente este espazo baleiro ou desocupado acolle unha porta, unha fiestra ou unha bufarda.

O elemento clave dun van é o lintel, ás veces a xeito de arco. O lintel ou traveseiro apoia nas xambas e estas na soleira (no caso de ocos nos muros) ou en piares noutras construcións, coma nas pontes.

Historicamente, tense coñecemento da utilización de vans alintelados xa dende a época mesopotámica, sendo os persas os primeiros en crealo mediante arcos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González González, M. (dir.). "Van". academia.gal. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  2. Definición a partir dp Portal das Palabras da RAG - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=van&sinom=0&homonimo=[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]