Valencia (morfosintaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Valencia é un concepto morfosintáctico creado en 1959 por Lucien Tesnière para definir o potencial sintagmático dunha unidade lingüística de relacionarse con outras unidades.

Características[editar | editar a fonte]

O concepto de valencia derívase da definición de valencia en química. Adoita usarse de tres modos:

Exemplo[editar | editar a fonte]

  • "Vou alá". O verbo "ir" ten como valencia un só actante (o suxeito) (non se consideran os circunstantes); é un verbo "monovalente"
  • "Busqueiche o abrigo". O verbo buscar ten como valencia tres actantes (suxeito, obxecto directo, obxecto indirecto); é un verbo "trivalente"

Tipos de valencias[editar | editar a fonte]

  • Valencia activa: capacidade de ser rexente de certas unidades nunha estrutura.
  • Valencia pasiva, capacidade de ser rexido nunha estrutura.
  • Valencia xeral: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dunha categoría gramatical.
  • Valencia léxica: concepto que podemos atribuír ó potencial sintagmático dun lexema particular).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]