Vacinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaccination
Clasificación e recursos externos
ICD-999.3-99.5
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Moza sendo vacinada.

A vacinación é o acto de se inocular nos seres vivos estados non activos de axentes patóxenos para a creación de anticorpos contra as doenzas. A vacinación é probablemente a maior revolución para a saúde do século XX, responsable da eliminación de moitas enfermedades infecciosas na infancia e que se relaciona cunha mellor calidade e esperanza de vida en occidente.[1] A efectividade da vacinación está amplamente estudada e verificada.[1][2][3][4] As consideracións sobre a seguridade no proceso de elaboración dalgunhas vacinas na primeira metade do século XX poden estar detrás da desconfianza por parte da opinión pública, se ben nas sociedades occidentais do século XXI xa non se aplican ningunha destas vacinas.[1]

Concepto[editar | editar a fonte]

O sistema inmunitario crea un conxunto de factores humorais e celulares que protexen o organismo contra a agresión por axentes infecciosos.

As campañas de vacinación son levadas a cabo polos gobernos para a inmunización en nenos de curta idade que aínda non teñen os anticorpos creados para evitar que enfermen. As inmunizacións máis comúns en nenos fanse contra:

Vacinación en adultos[editar | editar a fonte]

Deben ser administradas por mor do feito de que os axentes patóxenos pasan por mutacións ou os anticorpos creados pasan a ser ineficazes co pasar dos anos.

Así os adultos, a partir dos 19 anos, deben recibir o reforzo dalgunhas doses de vacinas.

As recomendadas para os adultos son:

  • Varicela
  • Gripe
  • Hepatite A
  • Hepatite B
  • Xarampón, parotidite epidémica e rubéola (MMR)
  • Meninxite meningocócica (A, C, Y e W-135)
  • Pneumonía (Infección pneumocócica, principalmente os máis anciáns)
  • Tétano-difteria (dT)- a cada 10 anos de idade)
  • Febre amarela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rappuoli, R. (2011-10-12). "Twenty-first century vaccines". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences (en inglés) 366 (1579): 2756–2758. ISSN 0962-8436. PMC 3146774. PMID 21893537. doi:10.1098/rstb.2011.0075. 
  2. Fiore AE, Bridges CB, Cox NJ (2009). "Seasonal influenza vaccines". Curr. Top. Microbiol. Immunol. Current Topics in Microbiology and Immunology 333: 43–82. ISBN 978-3-540-92164-6. PMID 19768400. doi:10.1007/978-3-540-92165-3_3. 
  3. Chang Y, Brewer NT, Rinas AC, Schmitt K, Smith JS (xullo de 2009). "Evaluating the impact of human papillomavirus vaccines". Vaccine 27 (32): 4355–62. PMID 19515467. doi:10.1016/j.vaccine.2009.03.008. 
  4. Liesegang TJ (agosto de 2009). "Varicella zoster virus vaccines: effective, but concerns linger". Can. J. Ophthalmol. 44 (4): 379–84. PMID 19606157. doi:10.3129/i09-126.