Uxío Romero Pose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxío Romero Pose
Nacemento15 de marzo de 1949
Lugar de nacementoZas
Falecemento25 de marzo de 2007
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana
Ocupaciónteólogo, profesor universitario, sacerdote católico e bispo católico
Na rede
Dialnet: 324543
editar datos en Wikidata ]

Uxío Romero Pose, nado en Baio (Zas) o 15 de marzo de 1949 e finado en Madrid o 25 de marzo de 2007, foi un crego católico galego, escritor e bispo auxiliar de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira sacerdotal[editar | editar a fonte]

Romero Pose cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Santiago de Compostela desde 1959 ata 1969, e foi ordenado sacerdote católico na igrexa parroquial de Santa María de Baio polo daquela arcebispo de Santiago de Compostela, Ángel Suquía Goicoechea, o 27 de xullo de 1974.

Licenciado en teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma (1972), obtivo o doutoramento en Patrística en 1978 nesa mesma Universidade. Posteriormente, foi director do Instituto Teolóxico Compostelán entre 1981 e 1989, e reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela desde 1991 ata 1997. .

Nese momento, 7 de marzo de 1997 foi ordenado bispo auxiliar de Madrid, sendo arcebispo da capital Rouco Varela e ao mesmo tempo bispo titular da diocese africana de Turuda. Romero Pose encargouse de coordinar as delegacións de catequese, liturxia, pastoral educativa escolar, misións e relacións Interconfesionales. Ademais, foi membro do Consello Episcopal e do Consello Presbiteral, e en 2005, tamén formou parte do Consello de Presidencia da Comisión Central do III Sínodo Diocesano.

Campos de estudo[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Patrística na Universidade de Santiago de Compostela e o 25 de novembro de 2005 foi nomeado vicegran chanceler da Universidade Pontificia de Salamanca. Era un grande especialista no Camiño de Santiago, e tamén en Prisciliano e en Exeria, e escribiu diversos artigos sobre patrística e sobre estas dúas figuras do cristianismo antigo en revistas como Encrucillada, Compostelanum ou A Trabe de Ouro.

Obra[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das súas obras máis extensas e importantes, ademais de multitude de artigos.