Uxío Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxío
Información persoal
Nome Uxío Marcos Nores
Nacemento 11 de xaneiro de 1993 (31 anos)
Lugar de nacemento Ourense
Altura 1,80 m.
Posición Central
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2014 Fabril 72 (0)
2013–2014 Deportivo da Coruña 2 (0)
2014–2015 Córdoba B 30 (0)
2016 Atlético Astorga 13 (0)
2016–2017 Burgos 14 (0)
2017 La Roda 11 (2)
2017–2018 Cerceda 7 (0)
Selección nacional
2010 España sub-17 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Uxío Marcos Nores, nado en Ourense o 11 de xaneiro de 1993, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Deportivo da Coruña e proclamouse campión da División de Honra co equipo xuvenil na tempada 2009/10. Na seguinte tempada debutou co Fabril na Segunda División B, co que disputou tres partidos ese ano, antes de converterse en titular indiscutible na zaga do filial na 2012/13.

O 8 de setembro de 2013, da man do adestrador Fernando Vázquez, debutou co primeiro equipo do Deportivo na Segunda División, nun partido contra o Murcia en Riazor.[1] Uns días despois xogou o seu primeiro partido na Copa do Rei, contra o Córdoba no Nuevo Arcángel, sufrindo un golpe e fracturando varios ósos do nariz.[1]

No verán de 2014 quedou libre e fichou polo Córdoba B, de Segunda División B.[2] Acabou descendendo a Terceira ese ano, e tamén o seguinte, no que xogou no Atlético Astorga, cedido pola Ponferradina. En xullo de 2016 asinou co Bugos CF,[3] co que xogou 14 partidos antes de fichar polo La Roda no mercado invernal.[4]

Finalmente fichou polo Cerceda, co que disputou sete encontros da Segunda B, antes de deixar o fútbol con só 25 anos.[5]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española sub-17, coa que disputou o Campionato Europeo de 2010 celebrado en Liechtenstein. Xogou dous encontros durante o torneo, incluída a semifinal fronte a Turquía, na que España venceu, logrando o pase á final.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El Deportivo aplaza la operación de Uxío Marcos". Marca (en castelán). 12 de setembro de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  2. Díaz, Raúl (31 de xullo de 2014). "El Córdoba aún cotiza a la baja". ABC (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  3. "Uxio Marcos ficha por el Burgos CF" (en castelán). 13 de xullo de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  4. "La Roda refuerza su contención con las altas de Alcántara (Eldense) y Uxio Marcos (Burgos)" (en castelán). 1 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  5. Miranda, Carlos (22 de novembro de 202). "La “mente inquieta” de Uxío". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  6. Silván, Nacho (27 de maio de 2010). "La máquina española se mete en la final". Marca (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]