Usman dan Fodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUsman dan Fodio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1754 Editar o valor em Wikidata
Gobir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1817 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Sokoto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sultan of Sokoto (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCalifado de Sokoto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , filósofo , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, árabe, Lingua hausa e Lingua fula Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloSultán Editar o valor em Wikidata
FillosAbu Bakr Atiku (pt) Traducir, Muhammed Bello (pt) Traducir, Nana Asmaʼu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dan_Fodiyo-1

Usman dan Fodio, nado arredor de 1754 en Maratta (actual Nixeria) e finado en Sokoto en 1817, foi un líder relixioso e político da etnia peul que creou un Estado en África occidental, en territorios do que hoxe é Nixeria e o Chad, no curso do río Níxer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dan Fodio na etnia hausa dos peul. Desde novo colleu sona polo seu coñecemento da relixión islámica e pola súa vida exemplar consonte os principios da mesma. Predicou no medio do seu pobo, conseguindo un gran número de adeptos e simpatizantes, que formaron un numeroso séquito ao seu arredor, parte deles estudosos da lei musulmá (talibán, plural de talib "estudoso da lei relixiosa"). Este labor chamou a atención do soberano do Estado haussa de Gobir, Yunfa, que a considera perigosa, tentando asasinalo en 1802. Dan Fodio, en resposta aos ataques, declara a guerra santa ou jihad en 1804.

Á cabeza dos seus seguidores, derrota os haussas e destrúe Gobir en 1808, sometendo diversos territorios próximos, até alcanzar o norte do actual Camerún. Proclámase entón emir dos crentes (amir al-muminin). En 1810, nunha nova campaña, somete ao Estado de Liptako, no Alto Níxer, mais fracasa no intento de ataque (1808-1810) no leste sobre o antigo sultanato de Bornú (beiras do lago Chad): as súas tropas son vencidas por Mohamed El-Kanemi, valido do sultán.

Estabelece a súa capital en Sokoto, onde reside. Designou a un letrado islámico, Adama, para que espallase a súa reforma cara a rexión do río Benué, no sueste da actual Nixeria. Adama fundará aí un Estado que tomará do fundador o nome de Adamaua.

No mesmo ano da súa morte, Dan Fodio designa como sheik a outro líder relixioso: Amadú Sekú (1775-1844), que dirixía a expansión dos peúis da cabeceira do río Níxer, na rexión de Macina.

En conxunto, o imán estabeleceu o seu dominio directo sobre un extenso territorio, dun medio millón de km², que ocupaba a maior parte da conca media do río Níxer, onde foron impostos os principios islámicos. Á morte de Dan Fodio, en 1817 en Sokoto, o seu Estado ficou dividido entre seu irmán, Abdulahi, que gobernou a parte oeste, e o seu fillo, Mohamed Bello, que recibe a oriental, mais o primeiro recoñecía a primacía do segundo. Ambos foran os verdadeiros xefes militares das campañas do imán, cuxo papel era máis ben relixioso.