Urticales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Urticales foi considerado como unha orde de plantas herbáceas e leñosas.

Historia do taxon[editar | editar a fonte]

Tras a clasificación realizada polo sistema de clasificación APG III de 2009, as plantas correspondentes a esta orde, incluíndo catro familias, pasaron a formar parte da orde Rosales e da subclase Rosidae. A razón do cambio de subclase débese ao abandono do mesmo taxon Hamamelidae, por mor tamén do sistema APG III.

As catro familias a seguir considéranse, polo tanto, dentro da orde Rosales, e debido á relación que posúen entre elas tras estudar as análises filoxenéticas das súas secuencias de ADN, denomínanse tamén como rósidas urticales.[1][2]

Cómpre salientar outras dúas familias consideradas con anterioridade dentro deste taxon: Celtidaceae e Cecropiaceae:

  • Celtidaceae: pasou a incluírse nun principio á familia Ulmaceae como xénero Celtis. Con todo, análises xenéticas do Angiosperm Phylogeny Group amosaron que correspondía máis axeitadamente á familia Cannabaceae.
  • Cecropiaceae: está incluída na familia das urticáceas, dando lugar ao xénero Cecropia.

Características[editar | editar a fonte]

Flores variábeis, hermafroditas e unisexuais; xineceo frecuentemente súpero, de carpelos abertos, unilocular; en xeral anemófilas e solitarias, si hai inflorescencias, estas son illadas e variábeis, raramente en amentos monoclamídeos. Os froitos son drupas denominadas tamén núculas. Chalazogamia até porogamia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shu-dong Zhang, Douglas E. Soltis, Yang Yang, De-zhu Li, and Ting-shuang Yi. "Multi-gene analysis provides a well-supported phylogeny of Rosales".
  2. Kenneth J. Sytsma, Jeffery Morawetz, J. Chris Pires, Molly Nepokroeff, Elena Conti, Michelle Zjhra, Jocelyn C. Hall, and Mark W. Chase. (2002).