Ur-Nammu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUr-Nammu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte2094 a. C. Editar o valor em Wikidata
Emperador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónMitoloxía sumeria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Período de tempoUr III period (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sumeria Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaTerceira dinastia de Ur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeWatartum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosShulgi (pt) Traducir, Ennirgalanna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Ur-Nammu foi un vicerrei do reino de Uruk que logrou independizarse e fundou a Terceira Dinastía de Ur ou Ur III[1]. Durante a época da dominación dos Guti sobre Mesopotamia a cidade de Ur atopábase temporalmente subxugada á de Lagash, coa caída dos Guti ou Guteos, Utukhengal fundou o seu propio reino en Uruk, nomeando a Ur Nammu como vicerrei ou gobernador militar de Ur, que no ano 2113 independizouse de Uruk e tres anos despois venceuno, matando a Utukhengal, e conquistando Lagash.

Ur Nammu centralizou o novo reino na cidade de Ur, restaurou templos e canais (que se usaban tanto como rego como de transporte), é nesta época que xorde o Cigurat e UR III estabiliza a figura do monarca converténdoo nun estadista absolutista, nalgúns caso até a divinización, o que non significaba que fose considerado á altura dos deuses mesopotámicos senón como divindade tutelar ou espírito protector da cidade ou estado. A pesar disto Ur-Nammu non conquistou países estranxeiros quedándose só na Mesopotamia do sur, o seu reinado durou 17 anos e sucedeuno seu fillo Shulgi.

Selo do rei Urnammu.

Consérvanse dous textos que amosan a capacidade organizativa deste rei:

  • Código de Ur-Nammu: serie de leis castigando diversos delitos, pero de clase mais amable que o posterior código de Hammurabi.
  • Catastro de Ur-Nammu: describe a fronteira entre varias provincias (Shidtab, Abiak, Marad e Akshak) como garantía das cidades-estado delimitando con exactitude os territorios, seguindo ás veces o curso dos ríos e canais e outras veces liñas imaxinarias entre castelos e santuarios.

Consérvase tamén un texto laudatorio protagonizado por este monarca sumerio, o chamado "viaxe de Urnammu ó inferno", onde se describe a entrada do rei defunto ó submundo (o alén sumerio é un subterráneo onde se vive unha vida semellante á anterior[2].) onde obsequia aos deuses con ofrendas. Con este himno atopamos un novo xénero literario diferente do himno adicado a un deus xa que inclúe unha oración polo soberano reinante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mesopotamia, historia política, económica y cultural" Georges Roux ed. Akal 1987
  2. "Los imperios del antiguo oriente vol I, del paleolítico a la mitad del segundo milenio" E. Cassin, J, Botteró, J. Vercourtter, ed. Siglo XXI 1970