Universidade de Tecnoloxía de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′06″N 4°22′21″L / 52.001666666667, 4.3725

Universidade de Tecnoloxía de Delft
Technische Universiteit Delft
(TU Delft)
Campus da TU Delf, co edificio da biblioteca ao fondo
Datos xerais
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Datos actuais
ReitorProf.dr.ir. Tim van der Hagen[1]
Alumnos21.223 (curso 2016-2017)[2]
Datos de contacto
EnderezoPostbus, 5. 2600 AA Delft. Países Baixos
Páxina webwww.tudelft.nl
Facebook: TUDelft Twitter: tudelft Instagram: tudelft LinkedIn: tu-delft Youtube: UC2Cn5pOKmQWrhcEFjZB8HuA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Tecnoloxía de Delft (en neerlandés: Technische Universiteit Delft), coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidades tecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo.

Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real (Koninklijke Akademie), que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica (Technische Hogeschool) e finalmente, en 1986, polo de universidade.[3]

Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información (mellor da Unión Europea) e número 83 do mundo.[4][5]

Facultades e centros de investigación[editar | editar a fonte]

Facultades[editar | editar a fonte]

Conta con oito facultades, a maior parte delas situadas ao sueste do concello de Delft, onde forman un campus, conxuntamente con empresas de investigación e laboratorios.[6]

  • Enxeñaría mecánica, naval e dos materiais (Werktuigbouwkunde, Maritieme Techniek & Technische Materiaalwetenschappen -3mE-). O seu edificio recibiu en 2011 a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[7]
  • Arquitectura (Bouwkunde -BK-).
  • Enxeñaría civil e Xeoloxía (Civiele Techniek en Geowetenschappen -CiTG-), coas seguintes seccións:
    • Transportes e urbanismo.
    • Construción.
    • Xeotecnoloxía.
    • Xestión da auga.
    • Hidráulica e marítima.
  • Edificio da facultade de Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (EWI)
    Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (Elektrotechniek, Wiskunde en Informatica -EWI-).
  • Enxeñaría en deseño industrial (Industrieel Ontwerpen -IO-).
  •  Enxeñaría aeronáutica e aeroespacial (Luchtvaart en Ruimtevaarttechniek -LR-).
  • Ciencias aplicadas (Technische Natuurwetenschappen -TNW-).
  • Tecnoloxía, Dirección e Xestión (Techniek, Bestuur en Management -TBM-).

Centros de investigación[editar | editar a fonte]

A investigación desenvólvese nestes sete institutos principais, aos que se suman outros centros máis específicos en cada área. Os sete institutos da TU Delft son os seguintes:[8]

  • TU Delft Climate Institute.
  • TU Delft Process Technology Institute.
  • TU Delft Robotics Institute.
  • TU Delft Transport Institute.
  • TU Delft Safety & Security Institute DSys.
  • TU Delft Space Institute.
  • TU Delft Sports Engineering Institute.
  • TU Delft Wind Energy Institute (DUWIND).
  • TU Delft Institute for Computational Science and Engineering.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]