Ulugh Beg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUlugh Beg

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) الغ‌بیگ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1394 Editar o valor em Wikidata
Soltaniyeh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1449 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Samarcanda Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGur-e Amir Editar o valor em Wikidata
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo , calígrafo , matemático , astrólogo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresQāḍī Zāda al-Rūmī (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLinguas turcas, lingua persa e Língua chagatai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBey Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Timúrida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAbdal-Latif Mirza (pt) Traducir, Rabiya Sultan Begim (en) Traducir, Abd al-Aziz ibn Ulugh Beg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSha Ruj Mirza Editar o valor em Wikidata  e Goharshad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIbrahim ibn Shahrukh (pt) Traducir, Baysonqor (pt) Traducir, Muhammad Juki (en) Traducir, Soyurghatmish ibn Shahrukh (en) Traducir e Soyurghatmish ibn Shahrukh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Observatorio de Ulugh Beg

Mīrzā Muhammad Tāraghay bin Shāhrukh (en chagatay میرزا محمد طارق بن شاہ رخ, en persa: میرزا محمد تراغای بن شاہ رخ), máis coñecido como Ulugh Beg (الغ‌ بیگ), nado en Soltaniyeh o 22 de marzo de 1394 e finado en Samarcanda o 27 de outubro de 1449 foi un sultán timúrida, ademais de astrónomo e matemático.

Ulugh Beg destacou polo seu traballo nas matemáticas relacionadas coa astronomía, como a trigonometría e a xeometría esférica, ademais de polos seus intereses xerais nas artes e en actividades intelectuais.[1][2] Crese que falaba cinco linguas: árabe, persa, túrquico, mongol e algo de mandarín.[3] Durante o seu goberno o imperio timúrida acadou o seu cumio cultural grazas á súa atención e padroado. Samarcanda, que foi capturada e entregada a Ulugh Beg polo seu pai Shah Rukh, converteuse no centro da cultura musulmá.[2]

Construíu o gran observatorio de Ulugh Beg en Samarcanda entre 1424 e 1429. Foi considerado polos estudos como un dos mellores observatorios do mundo islámico do seu tempo e o maior de Asia central.[4] Ulugh Beg foi considerado como o astrónomo observacional máis importante do século XV por moitos estudosos.[5] Tamén construíu a madrasa de Ulugh Beg (1417–1420) en Samarcanda e Bukhara, transformando as cidades en centros de aprendizaxe da rexión.[6]

Non obstante, a pericia científica de Ulugh Beg non estivo ligada coas súas habilidades no goberno. Durante o seu curto reinado fracasou no intento de establecer o seu poder e autoridades. Como resultado, outros líderes, incluídos da súa familia, tomaron vantaxe da súa falta de control e finalmente foi derrocado e asasinado.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi neto do conquistador Tīmūr (Tamerlán) (1336-1405) e o máis vello dos fillos de Shahruj Mirza, que formaron parte das tribos mongois de Transoxiana (entón Persia, agora Uzbekistán). A súa nai foi a princesa persa Goharshad.

Sendo neno puido ter moito contacto coas culturas de Oriente Medio e a India, sobre todo debido ás expansións territoriais do seu avó naqueles países. Á morte de Tamerlán e á ascensión do seu pai ao poder, instalouse na cidade de Samarcanda en que estableceu a capital, aínda que despois Shahruj trasladou a capital a Herat. Aos dezaseis anos de idade Ulugh Beg obtivo o cargo de gobernador de Samarcanda, cidade en que viviu ata a súa morte.

Cando descubriu a morte do seu pai, Ulugh Beg foi a Balkh, onde se atopou con que o seu sobriño Ala-ud-Daulah Mirza bin Baysonqor, fillo do seu irmán Baysonqor, reclamara o emirato do imperio timúrida en Herat. En consecuencia Ulugh Beg marchou contra Ala-ud-Daulah e enfrontouse con el na batalla de Murghab. Logo de gañar esa batalla, Ulugh avanzou cara a Herat e masacrou os seus habitantes en 1448, mais o irmán de Ala-ud-Daulah Mirza Abul-Qasim bin Babur Baysonqor acudiu na súa axuda, derrotándoo. Despois retirouse a Balkh, onde o seu gobernador, o seu fillo máis vello Abd ul-Latif, se rebelara contra el. Estalou outra guerra civil e dous anos máis tarde foi decapitado por orde do seu fillo cando se dirixía á Meca.

Co tempo, a súa reputación foi rehabilitada polo seu sobriño, Abdallah Mirza (1450-1451), que trasladou os restos de Ulugh Beg a Gur-e Amir, mausoleo dos timúridas en Samarcanda, onde foron atopados por arqueólogos soviéticos en 1941.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Ulugh Beg tivo trece esposas:

  • Aka Begi Begum, filla de Muhammad Sultan Mirza bin Jahangir Mirza e Khan Sultan Khanika, nai de Habiba Sultan coñecida como Khanzada Begum e outra Khanzada Begum;
  • Sultan Badi al-mulk Begum, filla de Khalil Sultan bin Miran Shah e Shad Malik Agha;
  • Aqi Sultan Khanika, filla de Sultan Mahmud Khan Ogeday;
  • Husn Nigar Khanika, filla de Shams-i-Jahan Khan Chaghatay;
  • Shukur Bi Khanika, filla de Darwish Khan Jochi;
  • Rukaiya Sultan Agha, dama de Arlat, e nai de Abdal-Latif Mirza, Ak Bash Begum e Sultan Bakht Begum;
  • Mihr Sultan Agha, filla de Tukal bin Sarbuka;
  • Sa'adat Bakht Agha, filla de Bayan Kukaltash, nai de Qutlugh Turkhan Agha;
  • Daulat Sultan Agha, filla de Khawand Sa'id;
  • Bakhti Bi Agha, filla de Aka Sufi Uzbek;
  • Daulat Bakht Agha, filla de Sheikh Muhammad Barlas;
  • Sultanim Agha, nai de Abdul Hamid Mirza e Abdul Jabrar Mirza;
  • Sultan Malik Agha, filla de Nasir-al-Din, nai de Ubaydullah Mirza, Abdullah Mirza e outro Abdullah Mirza;
Ulugh Beg e un esquema do seu observatorio nun selo de 1987 da Unión Soviética. O selo di "o astrónomo e matemático uzbeko Ulugbek".

Legado[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world"[1]
  2. 2,0 2,1 "Ulugh Beg". OU Libraries. Britannica Academic.  Falta a |url= (Axuda)
  3. "Samarkand: Ulugh Beg's Observatory". Depts.washington.edu. 
  4. Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world"[2]
  5. "The Legacy of Ulugh Beg | Central Asian Monuments | Editado por H. B. Paksoy | CARRIE Books". Vlib.iue.it. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2019. Consultado o 2018-12-02. 
  6. The global built environment as a representation of realities: By author:A.J.J. Mekking [3]
  7. "Ulugh Beg". The University of Oklahoma Libraries. Britannica Academic. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 08 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 1839. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Tables astronomiques d’Oloug Beg, commentees et publiees avec le texte en regard, Tomo I, 1 fascículo, París.
  • 1847. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, publiees avec Notes et Variantes, et precedes d’une Introduction. París: F. Didot.
  • 1853. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, traduction et commentaire. París.
  • Le Prince Savant annexe les étoiles, Frédérique Beaupertuis-Bressand, in Samarcande 1400–1500, La cité-oasis de Tamerlan : coeur d'un Empire et d'une Renaissance, book directed by Vincent Fourniau, éditions Autrement, 1995, ISSN 1157-4488.
  • L'âge d'or de l'astronomie ottomane, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), decembro 2005, volume 119.
  • L'observatoire du prince Ulugh Beg, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), October 2008, volume 122.
  • Le recueil de calendriers du prince timouride Ulug Beg (1394–1449), Antoine Gautier, in Le Bulletin, n° spécial Les calendriers, Institut National des Langues et Civilisations Orientales, juin 2007, pp. 117–123. d
  • Jean-Marie Thiébaud, Personnages marquants d'Asie centrale, du Turkestan et de l'Ouzbékistan, París, éditions L'Harmattan, 2004. ISBN 2-7475-7017-7.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]