Turnix suscitator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turnix suscitator
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Turniciformes
Familia: Turnicidae
Xénero: Turnix
Especie: ''T. suscitator''
Nome binomial
'Turnix suscitator'
(Gmelin, 1789)
Subespecies

Véxase texto.

Turnix suscitator é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae que habita no sur de Asia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Femia.

É unha das especies máis pequenas do seu xénero. Ten a forma típica dos Turnix, con plumaxe parda avermellada na parte superior con pintas claras e anteada na inferior, densamente veteada en negro o peito e a gorxa. A femia é de maior tamaño, coas partes inferiores veteadas en branco e negro e cunha mancha negra na garganta e parte superior do peito. As súas patas e peteiro son de cor gris azulada e o iris dos seus ollos é esbrancuxado amarelado. Aliméntase de insectos e é remiso a botarse a voar.

Distribución[editar | editar a fonte]

Atópase no subcontinente indio, o sueste asiático até as Filipinas polo leste, as illas da Sonda polo sur, estando presente en todas as illas maiores salvo Borneo. Atópase na maior parte da India e Sri Lanka,[2] rodeando o Himalaia até altitudes de 2500 m, e tamén no sur de China.

Encóntrase na maior parte do hábitat da rexión salvo nos bosques densos e os desertos, e tamén está presente nos campos de cultivo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies segundo unha orde filoxenética da lista do Congreso Ornitolóxico Internacional:[3]

  • T. s. plumbipes (Hodgson, 1837) - Nepal, nordeste da India e norte de Birmania
  • T. s. bengalensis (Blyth, 1852) - Centro e sur de Bengala (nordeste da India)
  • T. s. taigoor (Sykes, 1832) - India (excepto anteriores)
  • T. s. leggei (Baker, ECS, 1920) - Sri Lanka
  • T. s. okinavensis (Phillips, AR, 1947) - Sur de Kyushu até as Ryukyu (Xapón)
  • T. s. rostratus (Swinhoe, 1865) - Taiwán
  • T. s. blakistoni (Swinhoe, 1871) - Leste de Birmania até sur da China e norte de Indochina
  • T. s. pallescens (Robinson & Baker, ECS, 1928) - Sur e centro de Birmania
  • T. s. thai (Deignan, 1946) - Noroeste e centro de Tailandia
  • T. s. interrumpens (Robinson & Baker, ECS, 1928) - Sur de Birmania e Tailandia
  • T. s. atrogularis (Eyton, 1839) - Península Malaia
  • T. s. suscitator (Gmelin, JF, 1789) - Sumatra, Xava, Bawean, Belitung, Bangka e Balí
  • T. s. powelli (Guillemard, 1885) - Lombok até Alor (illas menores da Sonda)
  • T. s. rufilatus (Wallace, 1865) - Célebes
  • T. s. haynaldi (Blasius, W, 1888) - Palawan e illas próximas (oeste de Filipinas)
  • T. s. fasciatus (Temminck, 1815) - Luzón, Mindoro, Masbate, Sibuyán (norte de Filipinas)
  • T. s. nigrescens (Tweeddale, 1878) - Cebú, Guimarás, Negros, Panay (Filipinas)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Turnix suscitator". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  2. Ali, Salim; J C Daniel (1983). The book of Indian Birds, Twelfth Centenary edition. Nova Delhi: Bombay Natural History Society/Oxford University Press. 
  3. GILL, F.; DONSKER, D. (Eds.) (2013). Shorebirds & allies. IOC World Bird List (v.3.5).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]