Transbordador espacial Columbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O transbordador Columbia engalando.

O transbordador espacial Columbia, designación OV-102 (Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o primeiro transbordador da frota e quedou destruído o 1 de febreiro de 2003 ao regreso da misión STS-107, durante a reentrada atmosférica.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O Columbia foi o primeiro transbordador en ser construído e estar operativo da frota de transbordares estadounidenses. Foi nomeado así polo primeiro veleiro americano en dar a volta ao mundo.[1]

O voo inaugural do Columbia tivo lugar en 1981. Foi o único transbordador que non visitou a Estación Espacial Internacional ao ser demasiado pesado para chegar a ela de maneira eficiente. Despois de 26 voos foi sometido a unha revisión e renovación completas, en 1999. O segundo voo despois da renovación, a misión STS-107, rematou coa nave destruída durante a reentrada atmosférica.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Columbia" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]