Torre dos Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre dos Moreno
Vista dende o parque da praza de España, fachada SO.
Edificio
Estilomodernista
LocalizaciónRibadeo
Coordenadas43°32′11″N 7°02′22″O / 43.5364732, -7.03942Coordenadas: 43°32′11″N 7°02′22″O / 43.5364732, -7.03942
PropietarioVíctor Madera
Construción
Inicio1915
Dimensións
Plantas4
Equipo
Arquitecto(s)Julián García Núñez
PromotorPedro e Juan Moreno Ulloa
editar datos en Wikidata ]
Detalle da torre principal.

A torre dos Moreno[1] é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez, no Ben de Interese Cultural (BIC)[2] do conxunto histórico da Vila de Ribadeo e BIC por si mesmo[3][4][5]. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez[6] e o enxeñeiro Ángel Ardex.[7] Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.[8]

Dende 1997, o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural.[9]

Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, Bandera Católica (1 de setembro de 1916).

Descrición[editar | editar a fonte]

Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o soar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios. Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros. As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados. A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Actualidade[editar | editar a fonte]

O 23 de decembro de 2010 no DOG[10] sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.

O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída, tras arranxos anteriores no interior.

O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que asemade complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra pola empresa 'Paisajes de Asturias', propiedade de Víctor Madera,[11] en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60%, Paisajes de Asturias; 21% Concello de Ribadeo (adquirido en 1996)[2] e 19%, herdeiros na Arxentina.[8][12]

No 2019 Paisajes de Asturias compra a parte do concello, facéndose co 81 %, co compromiso de facer arranxos.[13]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torre dos Moreno na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. 2,0 2,1 Alberto Leyenda (17 de xullo de 2011). "La incierta vida de la Torre dos Moreno". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  3. "Consulta a la base de datos de bienes inmuebles". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  4. "DECRETO 266/2004, del 11 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de conjunto histórico, la villa de Ribadeo, Lugo" (PDF). Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  5. "concello de Ribadeo. Patrimonio. Núcleo antigo de Ribadeo". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  6. Díaz Varela, Emilio Rafael; Crecente Maseda, Rafael; Álvarez López, Carlos (2004). Turismo y Ordenación Del Territorio en el Municipio de Ribadeo (en castelán). Santiago de Compostela: Concello de Ribadeo / Universidade de Santiago de Compostela. p. 69. ISBN 84-9750-273-6. 
  7. Alonso (2005), p. 45
  8. 8,0 8,1 Ernesto Cruzado (10 de xullo de 2015). "Centenario de la Construcción de la Torre de los Moreno". 
  9. "DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 87. 8 de maio de 1997. p. 4.346. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  10. "Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 245. 23 de decembro de 2010. p. 20.814. Consultado o 7-9-2019. 
  11. "El millonario asturiano que colecciona palacios". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-09-17. Consultado o 2019-09-21. 
  12. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/11/09/paisajes-asturias-interesa-comprar-torre-dos-moreno/0003_201511X9C1991.htm
  13. "Asturias se queda con la icónica Torre dos Moreno de Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-14. Consultado o 2019-09-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Pereira, José Ramón (2005). "La arquitectura indiana de García Núñez a una y otra orilla del Eo". En VV.AA. Julián García Núñez: caminos de ida y vuelta (en castelán). Bos Aires: CEDODAL (Centro de documentación de Arquitectura Latinoamericana). pp. 45–59. ISBN 9871033117. 
  • Bores Gamundi, F. (Coord.) (2000). Casas de Indianos (en castelán). 84-453-2803-4. ISBN 84-453-2803-4.