Tinta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tres tinteiros e unha pluma.

A tinta[1] é un líquido que contén varios pigmentos ou colorantes empregados para colorear unha superficie co fin de crear imaxes ou textos. Comunmente considérase que a tinta se utiliza en bolígrafos ou con pinceis; porén, é utilizada amplamente en toda clase de impresións.

Historia[editar | editar a fonte]

Os antigos chineses (400 a. C.) coñecían o uso da tinta negra (atramentum) coa cal escribían con plumas ou pinceis e estaba composta de negro de fume e goma. Os emperadores do Imperio Romano Oriental ou Bizantino asinaban os seus edictos cunha tinta purpúrea moi custosa (sacrum encaustum) feita cunha secreción da glándula hipobranquial do murex, un xénero de molusco gasterópodo que producía o púrpura. O emperador León prohibiu o uso desta a calquera persoa que non fose membro da realeza. No antigo Imperio Romano este pigmento usábase exclusivamente para tinguir o bordo da toga dos senadores e as capas dos xenerais.

Escribíanse tamén algúns libros con letras de ouro ou prata, tales como a Biblia xudía, traducida ó grego polos Setenta e dous intérpretes e copiada en pergamiño con letras de ouro que Eleazar, príncipe dos sacerdotes xudeus, enviou ó faraón Tolomeo II Filadelfo para a súa Biblioteca de Alexandría, exemplar que demostra a antigüidade deste costume. No imperio de Oriente estivo tan admitida a práctica de escribir en ouro que a historia de Constantino fai mención do oficio de crisographos ou escritores de letras de ouro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]