Tiberio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTiberio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Tiberius Claudius Nero
(la) Tiberius Iulius Caesar Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Tiberius Claudius Nero Editar o valor em Wikidata
16 de novembro de 42 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 37 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Miseno (pt) Traducir, preto do lugar Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Augusto Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – 37
Cónsul romano
13 a. C. – 13 a. C.
Xunto con: Públio Quintílio Varo (pt) Traducir
Cónsul romano
7 a. C. – 7 a. C.
Xunto con: Cneu Calpúrnio Pisão (pt) Traducir
Cónsul romano
31 – 31
Cónsul romano
21 – 21
Cónsul romano
18 – 18
Emperador romano
18 de setembro de 14 – 16 de marzo de 37
← Octavio AugustoCalígula → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia e Alto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Xulio-Claudia, Claudii Nerones (en) Traducir e César (família) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeVipsania Agripina (19 a. C.–11 a. C.)
Julia the Elder (11 a. C.–2 a. C.) Editar o valor em Wikidata
FillosDruso (pt) Traducir
 () Vipsania Agripina
Tiberillus (en) Traducir
 () Julia the Elder
Claudia/Claudius (en) Traducir
 () Vipsania Agripina
Germânico (pt) Traducir, fillo adoptivo
 () Nero Cláudio Druso (pt) TraducirAntónia, a Jovem (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTibério Cláudio Nero (pt) Traducir, Marcus Gallius (en) Traducir e Octavio Augusto Editar o valor em Wikidata  e Lívia Drusa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNero Cláudio Druso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 8245972 Editar o valor em Wikidata
Emperador Tiberio.

Tiberio Claudio Nerón (en latín: Tiberius Claudius Nero), nado en Roma o 16 de novembro de 42 a. C. e finado o 16 de marzo de 37 d. C. na súa vila de Lúculo, foi un emperador romano da Dinastía Xulio-Claudia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Livia Drusila e fillo adoptivo de Octavio Augusto. Sucedeu o seu pai adoptivo e gobernou o Imperio Romano do 14 d. C. ó 37 d. C., co nome de Tiberio Xulio César Augusto. Foi militar de carreira, destacando as súas campañas contra os panonios e os dálmatas. Tamén foi importante a súa expedición punitiva contra os xermanos que derrotaran as lexións de Quintilio Varo na fraga de Teotoburgo.

Pertencente á gens Claudia por parte de nai, emparentou coa gens Iulia ao divorciarse súa nai de Tiberio Claudio Nerón e contraer matrimonio con Octavio Augusto. Esta unión fortaleceuse co matrimonio do propio Tiberio coa filla do Emperador, Xulia a Maior, e quedou patente cando foi adoptado formalmente por Octavio, outorgándoselle poderes tribunicios.

Como Tribuno reorganizou o exército, modificando as leis marciais, creando novas lexións e aumentando os anos de servizo de todo cidadán romano a 20.

Co paso do tempo Octavio Augusto fíxose inimigo de Tiberio, chegando a exilialo na Illa de Rodas, de onde volveu e foi nomeado sucesor imperial trala morte de dous dos netos de Octavio, Caio César e Lucio Xulio César, e o desterro por traizón do terceiro neto, Póstumo César, e ante a falta de herdeiro.

Tiberio Claudio Neron sucedeu co nome de Tiberio Xulio César Augusto a Octavio Augusto no trono imperial o 19 de agosto do ano 767 dende a fundación de Roma, o ano 14 segundo o calendario cristián.

Trala morte do seu fillo Xulio César Druso no ano 23 adoptou o seu neto Calígula como sucesor e o seu goberno comezou a derivar, rematando en terror. O 26 d. C. autoexiliouse deixando a administración nas mans dos prefectos pretorianos Lucio Elio Sejano e Quinto Nevio Cordo Sutorio Macro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

Segue a:
Octavio Augusto
Tiberio
(14-37)

Precede a:
Calígula
Dinastía Xulio-Claudia

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.