Thomas Cook Airlines Scandinavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Cook Airlines Scandinavia
IATA
DK
OACI
VKG
Indicativo
VIKING
Fundación2008
Frota12
Destinos38
HoldingThomas Cook Group
Páxina web: http://www.thomascookairlines.dk

Thomas Cook Airlines Scandinavia é unha aeroliña chárter dinamarquesa con sede en Copenhague que forma parte do Thomas Cook Group. Opera voos a destinos de vacacións principalmente no Mediterráneo ademais de servizos de longo alcance dende varias bases nos países nórdicos.

Historia[editar | editar a fonte]

As raíces de Thomas Cook Airlines Scandinavia atópanse en dúas aeroliñas: Conair of Scandinavia do grupo dinamarqués Spies Group, e Scanair do grupo sueco SLG - Scandinavian Leisure Group. Cando as dúas compañía se fusionaron o 1 de xaneiro de 1994 formaron Premiair. Ese mesmo ano SLG foi mercada por Airtours, e a frota da aeroliña repintouse para que coincidíuse coa de Airtours International, aínda que mantivo o nome de Premiair. En 1996 SLG Group mercou Spies Group.

En novembro de 2001 Airtours converteuse en MyTravel Group, e en 2002 Airtours International e Premiair pasaron a chamarse MyTravel Airways e MyTravel Airways A/S, respectivamente. O 12 de febreiro de 2007 anunciouse que MyTravel Group fusionaríase co Thomas Cook Group, integrándose MyTravel Airways en Thomas Cook Airlines na estación de inverno de 2007-2008. MyTravel Airways A/S pasou a chamarse Thomas Cook Airlines Scandinavia o 8 de maio de 2008. A día de hoxe a compañía ten varias aeroliñas irmás: Thomas Cook Airlines, Thomas Cook Airlines Belgium e Condor Flugdienst.

Frota[editar | editar a fonte]

Airbus A321-200

En maio de 2018 a frota de Thomas Cook Airlines Scandinavia estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de Thomas Cook Airlines Scandinavia
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y+ Y Total
Airbus A321-200 8 212 212
Airbus A330-200 1 49 273 322
Airbus A330-300 4 388 388
Total 13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thomas Cook Airlines Scandinavia (ed.). "Flygflotta". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]