Thin Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carcasas de bombas Thin Man

Thin Man foi o nome en código dunha proposta de bomba nuclear de plutonio de tipo balístico usando plutonio-239 que os Estados Unidos comezaron a desenvolver no Proxecto Manhattan. O seu desenvolvemento abortouse ó descubrir que a taxa de fisión espontánea do seu plutonio reproducido en reactores nucleares era demasiado alta para o seu uso nunha arma de tipo balístico, por mor da alta concentración do istótopo plutonio-240.

O seu deseño era un deseño primitivo proposto antes de que o plutonio fose reproducido con éxito nun reactor nuclear a partir da irradiación de uranio-238. Os científicos asumían ata entón que o plutonio, ó igual que o uranio-235, podería ensamblarse nunha masa crítica cun método de tipo balístico, disparándolle unha peza subcrítica a outra. Para evitar unha predetonación ou "efervescencia", a "bala" de plutonio tería que acelerarse ata unha velocidade de polo menos 3 000 feet per second (910 m/s), xa que doutra forma a reacción de fisión comezaría antes de que a ensamblaxe estivese completa, detonando o dispositivo de forma prematura.[1]

O Thin Man tiña 17 feet (5,2 m) de largo, con 38-inch (97 cm) de ancho e unha sección media de 23-inch (58 cm). A súa lonxitude era necesaria para que a "bala" de plutonio acadase unha velocidade axeitada antes de chegar ó obxectivo. O seu peso era duns 8 000 pounds (3 600 kg) no modelo final da arma.[2] Só existía unha aeronave Aliada capaz de transportar o Thin Man sen sufrir modificacións, o Avro Lancaster británico. Porén, o Boeing B-29 Superfortress estadounidense podía modificarse para transportala eliminando parte do largueiro principal das ás e varios tanques de osíxeno localizados entre os seus dous compartimentos de carga.[3]

Nunha reunión no Laboratorio de Los Alamos o 17 de xullo de 1944 os científicos acordaron a inviabilidade dunha bomba de plutonio de tipo balístico. O traballo no Proxecto Manhattan centrouse entón no deseño balístico do Little Boy con uranio, e a investigación en Los Alamos centrouse nos problemas da implosión das bombas Fat Man.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hansen 1995, p. 106.
  2. Campbell 2005, pp. 76–77.
  3. Hansen 1995, pp. 107, 119.
  4. Hoddeson et al. 1993, pp. 240–244.
  5. Nichols 1987, pp. 138–139.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.