They Don't Care About Us

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«They Don't Care About Us»
Sinxelo de Michael Jackson
do álbum 'HIStory: Past, Present and Future, Book I'
Lanzamento 31 de marzo de 1996
Formato {{{formato}}}
Gravada 1994 - xuño de 1995
Xénero musical Rap rock, pop rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:44
Discográfica Epic
Produtor(es) Michael Jackson
Escritor(es) Michael Jackson
Cronoloxía
«"I Need You"
(1996)»
«They Don't Care About Us» «"Stranger in Moscow"
(1995)»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"They Don't Care About Us" é o cuarto sinxelo do álbum HIStory: Past, Present and Future, Book I do artista Michael Jackson, que se estreou o 31 de marzo de 1996. A canción é considerada unha das máis controvertidas que compuxo Jackson. Nos Estados Unidos, o escrutinio dos medios arredor da letra por suposto antisemitismo provocou que Jackson se desculpara en numerosas ocasións e que fose regravada con outra letra. O cantante negou sempre as alegacións de antisemitismo, alegando que a letra fora malinterpretada.

A canción foi acompañada de dous vídeos musicais dirixidos por Spike Lee. O primeiro foi gravado no Brasil, en Pelourinho, o centro histórico da cidade de Salvador, e na favela do Río de Xaneiro chamada Dona Marta,[1][2] mais nun primeiro momento, as autoridades do estado intentaron deter a produción por medo a que puidese prexudicar a súa imaxe. Porén, os residentes da área alegráronse de ver ó cantante, xa que sabían que os seus problemas faríanse máis visibles ante unha audiencia masiva.[2] O segundo vídeo foi gravado nunha prisión e contén numerosas imaxes de arquivo con referencias a violacións dos dereitos humanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Michael Jackson Remains A Global Phenomenon". Billboard. 2 de xullo de 2009. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Schemo, Diana Jean (11 de febreiro de 1996). "Rio Frets as Michael Jackson Plans to Film Slum". The New York Times. Consultado o 10 de xuño de 2010.