Cadea perpetua (filme)

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Shawshank Redemption»)

Cadea perpetua
Ficha técnica
Título orixinalThe Shawshank Redemption
DirectorFrank Darabont
ProdutorNiki Marvin
GuiónFrank Darabont
Baseado enRita Hayworth and Shawshank Redemption de Stephen King
Intérpretes
MúsicaThomas Newman
FotografíaRoger Deakins
MontaxeRichard Francis-Bruce
EstudioCastle Rock Entertainment
DistribuidoraColumbia Pictures (USA)
Rank Organisation (RU)
Warner Bros. Pictures (internacional)
Estrea(Toronto) 10 de setembro de 1994
23 de setembro de 1994
Galicia 2 de xuño de 2021 (TVG)
Duración142 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento25 millóns de dólares[1]
Recadación58,3 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.shawshankredemption.org/
IMDB: tt0111161 Filmaffinity: 161026 Allocine: 11736 Rottentomatoes: m/shawshank_redemption Mojo: shawshankredemption Allmovie: v133417 TCM: 20338 Metacritic: movie/the-shawshank-redemption TV.com: movies/the-shawshank-redemption Netlix: 70005379Editar o valor em Wikidata

Cadea perpetua (en inglés: The Shawshank Redemption) é un filme estadounidense estreado en 1994, dirixido e escrito por Frank Darabont. É unha adaptación da novela de 1982 de Stephen King titulada Rita Hayworth and Shawshank Redemption. Narra a historia de Andy Dufresne (Tim Robbins), un banqueiro sentenciado a cadea perpetua na Penitenciaría Estatal de Shawshank polo asasinato da súa muller e do amante desta, malia declararse inocente do feito. Pasa 19 anos no cárcere, onde traba amizade con outro preso, o contrabandista Ellis Boyd "Red" Redding. Amais, convértese nunha peza instrumental dunha operación de lavado de cartos liderada polo alcaide Samuel Norton (Bob Gunton), a quen deixa a descuberto perante as autoridades tras fuxir da prisión. William Sadler, Clancy Brown, Gil Bellows, e James Whitmore son outros dos actores principais do filme.

Darabont adquiriu os dereitos da historia de Stephen King en 1987, mais o desenvolvemento do filme non comezou ata cinco anos despois cando escribiu o guión do mesmo nun período de oito semanas. Dúas semanas despois de enviarlle o guión ó estudio de Castle Rock Entertainment, Darabont conseguiu un orzamento de 25 millóns de dólares para o filme, que comezou a súa preprodución en xaneiro de 1993. Malia que o filme está ambientado en Maine, a rodaxe principal tivo lugar entre xuño e agosto de 1993 case na súa totalidade en Mansfield, Ohio, co Reformatorio Estatal de Ohio como localización para o cárcere ficticio de Shawshank. A banda sonora do filme é obra de Thomas Newman.

Malia recibir críticas positivas trala súa estrea, en particular pola súa historia e polas actuacións de Robbins e Freeman, o filme non foi un éxito de recadación nos cinemas, con só uns 16 millóns de dólares mentres estivo nos cinemas. Daquela citáronse varios motivos para explicar este feito. Entre outros, alegábase a competición de filmes de éxito comercial como Pulp Fiction e Forrest Gump, a pouca popularidade dos filmes de temática penitenciaria, a falta de personaxes femininas e incluso o propio título do filme, xa que se consideraba confuso para a audiencia. Porén, o filme recibiu múltiples nomeamentos para varios premios, incluíndo sete nomeamentos ós Premios Óscar. Tras isto o filme reestreouse nos cinemas estadounidenses, o que fixo que en combinación cos ingresos internacionais a recadación do filme acadase finalmente os 58,3 millóns de dólares.

Nos Estados Unidos distribuíronse máis de 320.000 copias en VHS do filme, e grazas ós nomeamentos recibidos e ó boca a boca converteuse nun dos filmes máis alugados de 1995 no país. Turner Broadcasting System obtivo os dereitos de emisión do filme tras adquirir a produtora Castle Rock, co que se emitiu decote dende 1997 na canle TNT. Isto axudou a incrementar a súa popularidade, e a crítica considérao un dos mellores filmes da década de 1990. En 2015 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry pola súa "importancia cultural, histórica ou estética".

Estreouse en galego o 2 de xuño de 2021 a través da TVG.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

En 1947 en Portland, Maine, o banqueiro Andy Dufresne é declarado culpable de asasinar a súa muller e o amante desta. É sentenciado a dobre cadea perpetua no Cárcere Estatal de Shawshank. Alí traba amizade con Ellis "Red" Redding, un preso contrabandista que está a cumprir cadea perpetua. Red conséguelle a Andy un martelo de xeólogo para tallar unhas pezas de xadrez e un gran póster de Rita Hayworth que colga na súa cela. Mentres está a traballar na lavandaría da prisión, a banda coñecida como "The Sisters" liderada por Bogs ataca e viola a Andy de forma regular.

Vídeos externos
"The Shawshank Redemption - Trailer". YouTube (en inglés). Warner Bros. Entertainment. 

En 1949 Andy escoita o capitán dos gardas, Byron Hadley, queixarse sobre os impostos dunha herdanza que ten que pagar, e ofrécese a axudalo a agochar os cartos de forma legal. Tras un ataque por parte de The Sisters que case mata a Andy, Hadley dálle unha malleira a Bogs deixándoo malferido. Tras isto trasladan a Bogs a outra prisión e non volven atacar a Andy. O alcaide Samuel Norton reúnese con Andy e reasígnao á libraría da prisión como axudante do ancián preso Brooks Hatlen. Andy comeza a tratar cuestións financeiras con outros traballadores da prisión, con gardas doutras prisións e co propio alcaide. Comeza tamén a escribir cartas semanais á lexislatura do estado solicitando fondos para mellorar a decadente biblioteca da prisión.

Brooks sae en liberdade condicional en 1954 tras 50 anos en prisión, mais non é capaz de afacerse ó mundo exterior e finalmente suicídase colgándose cunha corda. A lexislatura envía unha doazón para a biblioteca da prisión que inclúe unha gravación de Le nozze di Figaro. Andy reproduce o fragmento "Sull'aria...che soave zeffiretto" polo sistema de megafonía da prisión, e o alcaide castígao a pasar un tempo en illamento. Tras saír deste, Andy explícalle a Red que a esperanza é o que o axuda a seguir adiante, un concepto que Red descarta. En 1963 Norton comeza a explotar os reclusos para obras de traballo público. Obtén beneficios ó eliminar traballos cualificados e aceptar subornos. Andy ocúpase de lavar os cartos do alcaide usando o alias "Randall Stephens".

Tommy Williams chega á prisión en 1965 cumprindo unha condena por roubo. Faise amigo de Andy e Red, e Andy axúdao a aprobar o seu exame do sistema GED. Un ano despois Tommy cóntalle a Red e a Andy que o seu compañeiro de cela noutra prisión afirmara ser o responsable dos asasinatos polos que Andy fora condenado. Andy fálalle a Norton desta nova información, pero este rexeita escoitalo e volve a envialo a illamento cando Andy menciona o branqueo de capital. Norton ordénalle a Hadley que mate a Tommy facéndoo pasar por un intento de fuga. Andy intenta deixar o lavado de cartos, mais cede ante a presión de Norton, quen ameaza con destruír a biblioteca, eliminar a protección que lle dan os gardas e trasladalo a unha cela con condicións moito peores. Andy sae do illamento tras dous meses e confésalle a Red que soña con vivir en Zihuatanejo, unha vila costeira en México. Red promételle que se algún día sae de prisión viaxará ata un campo de feo específico preto de Buxton e procurará un paquete soterrado alí por Andy. Red preocúpase polo benestar de Andy, especialmente cando este lle pide a outro preso unha corda de dous metros.

Durante a revisión dos gardas ó día seguinte, os gardas atopan a cela de Andy baleira. Norton, enfadado, lanza unha pedra a un póster de Raquel Welch colgado na parede da cela por Andy, revelando un túnel que Andy cavara co seu martelo de xeólogo durante os últimos 19 anos. A noite anterior Andy usara a corda para escapar polo túnel e para atravesar unha tubaxe de augas residuais, levando consigo un traxe, uns zapatos e o caderno de contas de Norton, que contiña probas do seu branqueo de cartos. Andy utiliza a identidade falsa de Randall Stephens para sacar os cartos branqueados de varios bancos, e envíalle por correo o caderno xunto con outras probas da corrupción e dos asasinatos que tiveron lugar en Shawshank a un xornal local. A policía estatal chega a Shawshank e prende a Hadley, mentres que Norton se suicida dun disparo para evitar o arresto.

Tras sufrir unha condena de 40 anos, Red recibe finalmente a condicional. Cústalle adaptarse á vida fóra da prisión e teme non conseguilo nunca. Recordando a promesa que lle fixera a Andy, viaxa ata Buxton e atopa unha caixa agochada ó pé dunha árbore que contén cartos e unha carta de Andy na que este lle pide que viaxe ata Zihuatanejo. Red viola a súa condicional viaxando ata Fort Hancock, Texas, e cruzando alí a fronteira con México, admitindo que finalmente sente esperanza. Atopa a Andy nunha praia en Zihuatanejo, o que resulta na feliz reunión dos dous vellos amigos.

Elenco[editar | editar a fonte]

Tim Robbins en 2012 e Morgan Freeman en 2006

Os principais actores e personaxes do filme son:

  • Tim Robbins como Andy Dufresne, un banqueiro sentenciado a cadea perpetua en 1947 polo asasinato da súa esposa e do amante desta.[4]
  • Morgan Freeman como Ellis Boyd "Red" Redding, un preso contrabandista que se fai amigo de Andy no cárcere.[5][6]
  • Bob Gunton como Samuel Norton, o cruel alcaide do cárcere de Shawshank.[4]
  • William Sadler como Heywood, un dos membros do grupo de presos de Red.[5][7]
  • Clancy Brown como Byron Hadley, o capitán dos gardas da prisión.[8][9]
  • Gil Bellows como Tommy Williams, un mozo preso, condenado por roubo en 1965.[5][10]
  • James Whitmore como Brooks Hatlen, o ancián bibliotecario da prisión, preso dende comezos da década de 1900.[11]

Outros dos actores e personaxes do filme son: Mark Rolston como Bogs Diamond, o líder da banda "The Sisters", un violador de presos;[12] Jeffrey DeMunn como o fiscal no xuízo de Andy Dufresne; Ned Bellamy e Don McManus como os gardas Youngblood e Wiley respectivamente; e Dion Anderson como Head Bull Haig.[5] Renee Blaine representa a muller de Andy, mentres que Scott Mann representa o amante desta, Glenn Quentin, un instrutor de golf.[13] Frank Medrano actúa no papel de Fat Ass, un dos novos presos compañeiros de Andy que recibe unha malleira de morte por parte de Hadley,[5][14] mentres que Bill Bolender actúa no papel de Elmo Blatch, un preso que podería ser o verdadeiro responsable dos crimes polos que Andy recibe a condena.[15]

Análise[editar | editar a fonte]

Segundo Mark Kermode, a interpretación do filme pode basearse no misticismo cristián.[16] Andy representa unha figura mesiánica como Xesucristo, do que Red afirma nos primeiros momentos do filme que ten unha aura que o arrodea e o protexe de Shawshank.[17] A escena na que Andy e outros presos alcatranan o teito da prisión pode verse como unha recreación da Última Cea, na que Andy consegue cervexa para os doce presos (representando os apóstolos) e Red descríbeos como "os señores de toda a creación", invocando a bendición de Xesús.[18] O director Frank Darabont afirmou que esta non fora a súa intención deliberada,[19] senón que intentara que a audiencia procurase o seu propio significado no filme.[20] O descubrimento da gravación de Le nozze di Figaro descríbese no guión do filme como algo semellante ó descubrimento do Santo Graal, provocando que tódolos presos paren de traballar e que os que están na enfermaría se ergan das súas camas.[21]

Nunha das primeiras escenas do filme o alcaide Norton cita a Xesucristo para describirse a si mesmo, dicindo "Son a luz do mundo", declarándose como o salvador de Andy. Porén, segundo Kermode esta descrición pode facer referencia tamén a Lucifer, o portador da luz.[22] Seguindo esta interpretación, o filósofo Alexander Hooke indica que o alcaide non impón as normas xerais da lei, procurando impoñer as súas propias normas e castigos segundo o seu propio criterio, converténdose el mesmo na propia lei e emulando o comportamento de Satán.[4] Kermode indica que o alcaide tamén se pode comparar co 37º presidente dos Estados Unidos, Richard Nixon, xa que a súa aparencia e discurso semellan emular o deste, e Norton proxecta unha imaxe de home sagrado que sermona ás masas servís ó mesmo tempo que dirixe operacións corruptas.[23]

A reunión de Andy e Red filmouse nunha praia de Sandy Point, nas Illas Virxes

Segundo Kermode, Zihuatanejo interprétase como unha analoxía do ceo ou do paraíso.[24] No filme Andy describe a vila como un lugar sen memoria, que lle ofrece a absolución dos seus pecados esquecéndose deles ou permitindo que os leve o océano Pacífico. A posibilidade de escapar a Zihuatanejo só se referencia no filme tras admitir Andy a culpa pola morte da súa muller.[24] De forma semellante, Red só consegue a liberdade cando acepta que xa non pode salvarse a si mesmo ou expiar os seus pecados. Freeman describiu a historia de Red como unha historia de salvación, xa que non é inocente dos seus crimes, a diferenza da de Andy, quen atopa a redención.[25] Malia que as interpretacións cristiás comparan a Zihuatanejo co ceo, segundo Kermode tamén pode interpretarse como unha forma de culpabilidade "nietzscheana" afastada das nocións tradicionais do ben e do mal, onde a amnesia que se ofrece é a destrución en lugar do perdón do pecado, o que implica que o obxectivo de Andy é secular e ateístico. Da mesma forma que Andy pode interpretarse como unha figura análoga a Xesucristo, tamén pode verse como un profeta do estilo de Zarathustra, que ofrece unha saída por medio da educación e da experiencia da liberdade.[24] Roger Ebert argumentou que The Shawshank Redemption é unha alegoría sobre a importancia de manter o sentimento de autoestima cando se está nunha posición sen esperanza, e que a integridade de Andy é unha das temáticas importantes do filme.[26]

Tim Robbins declarou que o concepto de Zihuatanejo resoa coa audiencia xa que representa unha vía de escape posible tras sobrevivir durante moitos anos no "cárcere" que un se atope, sexa unha mala relación, traballo ou contorna, recalcando a importancia da existencia dun lugar coma este para as persoas.[27] Isaac M. Morehouse suxeriu que o filme fornece unha grande ilustración de como os caracteres das persoas poden ser libres incluso en prisión, ou estar presos incluso cando están libres, dependendo da perspectiva que se tome da vida.[28]

Kermode indicou que hai moitos elementos no filme que se poden considerar como tributos ó poder do cinema. No teatro da prisión os presos ven o filme Gilda (1946), aínda que orixinalmente a escena estaba planeada para incluír o filme A fin de semana perdida (1945). Segundo Kermode, a capacidade de intercambio dos filmes usados no teatro da prisión suxire que é a experiencia cinemática e non a temática dos filmes o que resulta chave para a escena, permitíndolles ós presos escapar da realidade da súa situación.[29] Inmediatamente despois desta escena, Andy é atacado na sala de proxección e utiliza un rolo de cinta para defenderse dos seus atacantes,[30] e ó final do filme Andy atravesa o túnel escavado na súa cela, agochado por un póster dunha actriz para escapar da prisión de Shawshank.[31]

A relación entre Andy e Red describiuse como unha historia de amor non sexual entre dous homes,[32] que segundo Kermode poucos outros filmes ofrecen, onde a amizade non se constrúe en base a compartir aventuras, a persecucións de coches ou ó desenvolvemento de relacións con mulleres.[33] Alexander Hooke argumentou que a verdadeira liberdade de Andy e Red é a súa amizade, sendo capaces de compartir a ledicia e o humor entre eles.[4]

Produción[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Frank Darabont en 2011

A primeira colaboración de Darabont co autor Stephen King foi en 1983 na adaptación a curtametraxe de "The Woman in the Room", adquirindo os dereitos da historia por 1 dólar, o sistema coñecido como "Dollar Deal" que King utilizaba para axudar a novos directores a aumentar o seu currículo realizando adaptacións das súas historias curtas.[9] Tras recibir a súa primeira acreditación como guionista en 1987 por A Nightmare on Elm Street 3: Dream Warriors, Darabont conseguiu uns 5 000 dólares[2] para adquirir os dereitos da adaptación de Rita Hayworth and Shawshank Redemption, unha novela curta de 96 páxinas da colección de 1982 de Stephen King titulada Different Seasons.[34]

Cinco anos despois Darabont escribiu o guión nun período de oito semanas, expandindo varios elementos da historia de King. Brooks, que na novela é un personaxe menor que falece nun asilo, pasou a ser un personaxe tráxico que eventualmente se suicida. Tommy, que na novela intercambia as probas que exoneran a Andy por un traslado a unha mellor prisión, é asasinado no filme baixo ordes do alcaide Norton, quen á súa vez é un personaxe composto por características de varios alcaides da historia de King.[9] Darabont optou por crear un único alcaide que serviría como o principal antagonista.[35] Darabont indicou que para o filme se inspirou nas obras do director Frank Capra, incluíndo Mr. Smith Goes to Washington (1939) e Que fermoso é vivir (1946), describíndoas como relatos fantásticos, cualificando The Shawshank Redemption como tal en lugar de como un filme de prisións.[36] Citou tamén Un dos nosos (1990) como inspiración para o uso do diálogo para ilustrar o paso do tempo no guión.[37] King nunca fixo efectivo o cheque de 5.000 dólares de Darabont polos dereitos da historia, devolvéndollo posteriormente enmarcado xunto a unha nota na que dicía: "En caso de que algunha vez necesites diñeiro para unha fianza. Con amor, Steve".[38]

Naquel momento os filmes de temática carceraria non estaban considerados como posibles éxitos de recadación. Porén, a produtora de Castle Rock Entertainment Liz Glotzer leu o guión, e por mor do seu interese nas historias de prisións e a súa reacción ó guión acabou por ameazar coa súa renuncia se Castle Rock non producía o filme.[9] Ó director e cofundador de Castle Rock Rob Reiner tamén lle gustou o guión, ofrecéndolle a Darabont entre 2,4[39] e 3 millóns de dólares para que lle permitise dirixir o filme.[9] Reiner, quen previamente adaptara a novela curta de 1982 de Stephen King titulada The Body no filme de 1986 Stand by Me, tiña planeado seleccionar a Tom Cruise no papel de Andy e a Harrison Ford no de Red.[9][40]

Castle Rock ofreceuse a financiar calquera outro filme que Darabont desexase desenvolver. Darabont chegou a considerar esta oferta, considerando que elevaría o seu status dentro da industria e que Castle Rock podería despedilo contractualmente e darlle o filme a Reiner de calquera outra forma. Porén, decidiu manterse como o director, afirmando nunha entrevista de 2014 para a revista Variety: "podes continuar a pospoñer os teus soños a cambio de diñeiro e, xa sabes, morrer sen nunca ter feito aquilo que te propuxeches facer".[9] Reiner finalmente actuou como mentor de Darabont no proxecto.[9] Dúas semanas despois de presentarlle o guión a Castle Rock, Darabont conseguira un orzamento de 25 millóns de dólares para realizar o filme,[1] cun salario de guionista e director duns 750 000 dólares máis unha porcentaxe dos beneficios netos,[39] e a preprodución deu comezo en xaneiro de 1993.[36]

Escolla dos actores[editar | editar a fonte]

Clancy Brown en 2015

Freeman foi seleccionado a suxestión da produtora Liz Glotzer, ignorando a descrición do personaxe na novela orixinal como un irlandés branco alcumado "Red". No filme o personaxe de Freeman fai alusión a esta escolla cando Andy lle pregunta por que lle chaman Red, respondendo: "Quizais sexa porque son irlandés".[37] Freeman decidiu non investigar o seu papel, afirmando que "representar o papel de alguén que está preso non require ningún coñecemento específico sobre o encarceramento... porque os homes non cambian. En canto estás nesa situación, simplemente tes que axustarte a calquera situación na que te atopes".[1]

Nun primeiro momento Darabont considerou algúns dos seus actores favoritos como Gene Hackman e Robert Duvall para o papel de Andy Dufresne, mais estes non estaban dispoñibles naquel momento.[37] Tamén tiveron en consideración a Clint Eastwood e Paul Newman para este papel.[41] Ofrecéuselle a Tom Cruise, a Tom Hanks e a Kevin Costner.[9] Hanks rexeitouno debido ó seu papel protagonista en Forrest Gump,[37] e Costner rexeitouno polo seu papel protagonista en Waterworld.[42] Durante distintas etapas do proceso o equipo de produción tamén tivo en consideración a Johnny Depp, a Nicolas Cage e a Charlie Sheen.[42] Cruise chegou a asistir a sesións de lectura do guión, mais rexeitou traballar ás ordes do entón inexperto Darabont.[9] Darabont afirmou que seleccionou a Robbins tras ver a súa actuación no filme de terror psicolóxico de 1990 Jacob's Ladder.[43] Trala súa escolla, Robbins insistiulle a Darabont que contratase o cinematógrafo Roger Deakins, con quen Robbins xa traballara previamente en The Hudsucker Proxy.[9] Como preparación para o papel, Robbins pasou tempo observando o comportamento de animais de zoolóxico nas súas gaiolas, pasou unha tarde en illamento, conversou con varios prisioneiros e gardas[32] e pasou varias horas esposado de mans e pernas.[1]

Brad Pitt foi seleccionado en primeira instancia para o papel do mozo preso Tommy, mais finalmente non aceptou o papel tralo seu éxito en Thelma e Louise,[9] polo que o debutante Gil Bellows foi finalmente seleccionado para este papel.[1] Pola súa banda, James Gandolfini rexeitou representar o papel de Bogs, o violador de prisións.[9] Bob Gunton estaba rodando naquel entón o filme O demoledor (1993), e presentouse a unha audición para o papel do alcaide Norton. Para convencer o estudio de que Gunton era o axeitado para este papel, Darabont e o produtor Niki Marvin conseguiron que gravase unha proba de cámara durante un día libre da súa rodaxe d'O demoledor, para a que lle conseguiron unha perruca xa que afeitara a cabeza para o seu papel nese filme.[35]

Representando o xefe dos gardas Byron Hadley, a produtora ofreceulle a Clancy Brown a oportunidade de conversar con antigos gardas de prisión, mais este declinou considerando que non sería algo bo afirmar que o seu personaxe estaba inspirado nos oficiais de prisións do estado de Ohio.[44] William Sadler, quen representa a Heywood, afirmou que Darabont xa lle comentara a posibilidade de actuar no filme no ano 1989 durante a rodaxe da serie Tales from the Crypt, onde era guionista.[45] Alfonso Freeman, fillo de Morgan Freeman, fai un cameo como Red de mozo nas fotos policiais,[37] e como un prisioneiro que lle berra "peixe fresco" a Andy durante a chegada deste a Shawshank.[46] Entre os extras que se utilizaron no filme atopábase o antigo alcaide e varios antigos internos do reformatorio, así como gardas en activo dun cárcere próximo ó reformatorio.[1][47]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

O Reformatorio Estatal de Ohio

Cun orzamento de 25 millóns de dólares,[48] a rodaxe principal durou uns tres meses,[9] entre xuño e agosto de 1993.[49][50] A rodaxe regular requiriu xornadas de 18 horas e seis días a semana.[9] Freeman describiu a rodaxe como tensa, afirmando: "A maioría do tempo, a tensión estaba entre o elenco e o director. Recordo ter un mal momento co director, tiven varios deses". Freeman indicou que Darabont requiría tomas múltiples de escenas que segundo Freeman non presentaban diferenzas discernibles. O propio Freeman negouse en ocasión a realizar as tomas adicionais, mentres que Robbins afirmou que os longos días de traballo foran difíciles. Darabont declarou que o filme lle ensinara moito, afirmando: "Un director realmente necesita ter un barómetro interno para medir o que calquera actor determinado precisa".[9] Darabont tivo diferenzas tamén con Deakins. Mentres que Darabont favorecía as tomas máis escénicas, Deakins consideraba que non amosar o exterior da prisión engadía unha sensación de claustrofobia, polo que cando se usara unha toma ampla escénica esta tería máis impacto.[1]

Marvin pasou cinco meses explorando prisións polos Estados Unidos e o Canadá, procurando unha localización que tivese unha estética atemporal e que estivese completamente abandonada, para evitar a complexidade de rodar durante varias horas cada día nunha prisión activa, coas dificultades de seguridade que isto suporía.[51] Eventualmente acabou seleccionando o Reformatorio Estatal de Ohio en Mansfield como a ficticia Prisión Estatal de Shawshank en Maine, citando como motivo desta escolla os seus edificios de ladrillo e pedra de estilo gótico.[50][51] Tras case cen anos de uso, estas instalacións foran pechadas tres anos antes, o día de Noitevella de 1990,[52] debido ás condicións inhumanas do centro.[50]

O reformatorio, dunhas 6 hectáreas e coa súa propia planta eléctrica e granxa, foi parcialmente demolido pouco despois de finalizar a rodaxe, quedando só o edificio principal de administración e dous bloques de celas.[50] Varias das tomas interiores das instalacións especializadas da prisión, como as salas de admisión e a oficina do alcaide, rodáronse no propio reformatorio. As escenas interiores dos bloques de celas da prisión rodáronse nun escenario construído dentro dunha fábrica abandonada próxima de Westinghouse Electric. Xa que Darabont quería que as celas dos presos estivesen de fronte unha a outra, case tódalas escenas do bloque de celas rodáronse nun escenario construído para este fin na fábrica de Westinghouse,[50] agás pola escena na que Elmo Blatch admite a culpabilidade dos crimes polos que Andy foi condenado, que se rodou nunha das propias celas do reformatorio.[53] Tamén se rodaron outras escenas en Mansfield e na vila veciña de Ashland, Ohio.[54] O carballo baixo o que Andy soterra a carta para Red estaba situado preto do Parque Estatal de Malabar Farm en Lucas, Ohio,[41] mais este quedou destruído en 2016.[55]

O edificio Bissman en Mansfield, Ohio

A escena da praia na que se reúnen Andy e Red en Zihuatanejo, México, rodouse realmente na illa de Saint Croix, unha das Illas Virxes Estadounidenses.[56] A praia atópase no Refuxio Nacional de Vida Salvaxe de Sandy Point,[57] unha zona protexida para tartarugas mariñas de coiro.[58] As escenas rodadas en Upper Sandusky incluíron a escena do taller de madeira na que Red e os seus compañeiros escoitan o fragmento de Le nozze di Figaro,[41] e a escena inicial do patio rodouse no xulgado do condado de Wyandot.[57] Outras localizacións de rodaxe foron o Parque Estatal de Malabar Farm,[59] Butler, Ohio representando a Buxton, Maine,[60] e o edificio Bissman en Mansfield, que serviu como o hotel no que Brooks e Red permanecen trala súa liberación.[61]

Aínda que o filme presenta a Andy escapando a través dunha tubaxe de residuos descrita no propio filme como un "río de merda", na escena Robbins arrastrouse por unha mestura de auga, xarope de chocolate e serraduras. Segundo o deseñador de produción Terence Marsh, o regato polo que emerxe Robbins estaba certificado como tóxico.[46] Desta escena Robbins afirmou: "Cando estás a facer un filme, queres ser un bo soldado, non queres ser o que se interpón no camiño... polo que farás cousas como actor que comprometen a túa saúde e benestar físico."[62] Para a escena na que Andy reproduce a música pola megafonía da prisión, foi idea do propio Robbins que Andy subise o volume en lugar de apagar a música cando llo ordenan os gardas.[46] Malia que na edición final do filme os presos ven a Rita Hayworth no filme Gilda (1946), a intención orixinal para esta escena era a de proxectar o filme de Billy Wilder A fin de semana perdida (1945). Debido ó gran custo de adquirir a metraxe pertencente a Paramount Pictures, a produtora Niki Marvin contactou coa distribuidora doméstica de dereitos do filme, Columbia Pictures, quen lles ofreceu unha lista de títulos de menor prezo, escollendo finalmente Gilda para este propósito.[63]

Posprodución[editar | editar a fonte]

A metraxe final do filme ten unha duración de 142 minutos.[64] A primeira edición do mesmo tiña unha duración de case dúas horas e media, que Glotzer consideraba "longa", polo que finalmente se cortaron varias escenas, incluíndo unha secuencia máis longa dos problemas de Red para axustarse á vida fóra da prisión. Darabont afirmou que nas emisións de proba a audiencia semellaba impacientarse con esta escena, xa que para entón xa estaban convencidos de que Red non o conseguiría.[32] Outra das escenas que se cortaron para reducir a duración do filme mostraba un garda da prisión investigando o túnel de fuxida de Andy, ó considerar que esta freaba a acción.[65] Orixinalmente o filme tiña unha apertura previa ós créditos na que se amosaba o crime de Andy mentres que o seu xuízo tiña lugar durante os propios créditos de apertura, mais finalmente editáronse estas escenas xuntas para crear unha apertura de maior impacto.[66]

Na visión orixinal de Darabont para o final do filme amosaríase a Red montando no autobús cara á fronteira con México, deixando o seu destino aberto de forma ambigua. Glotzer insistiu en incluír a escena da reunión de Red e Andy en Zihuatanejo, malia que segundo as súas propias declaracións Darabont consideraba que este era un final "sentimental e comercial".[9] Castle Rock acordou financiar a rodaxe da escena sen requirir a súa inclusión na edición final, garantíndolle a Darabont que el tería a decisión final.[67] Posteriormente esta escena da reunión na praia resultou ser a favorita da audiencia de proba, e tanto Freeman coma Robbins indicaron que eles consideraban que fornecía un peche necesario para a historia. Finalmente Darabont acordou incluír a escena tras ver e considerar estas reaccións.[67]

Música[editar | editar a fonte]

Thomas Newman foi o encargado de compoñer a banda sonora do filme. En declaracións a The Wall Street Journal, Newman indicou que o filme xa provocaba unhas emocións moi fortes sen música, polo que lle resultara difícil compoñer unha que elevase as escenas sen distraer a audiencia delas. O tema titulado "Shawshank Redemption" soa durante a fuxida de Andy da prisión, e orixinalmente contaba cun motivo de tres notas, mais Darabont considerou que tiña demasiada "ostentación triunfal", polo que lle pediu que lle rebaixase o ton a un motivo dunha única nota. Segundo o propio Newman, unha das súas pezas favoritas foi o tema titulado "So Was Red", reproducido trala liberación de Red da prisión ata que descobre a nota deixada por Andy. Inicialmente escribira esta peza para un óboe en solitario, mais finalmente aceptou engadir unha harmónica a suxestión de Darabont, en referencia á harmónica que Andy lle deixa a Red como mensaxe de esperanza, e que foi interpretada por Tommy Morgan nunha única toma.[68]

Estrea[editar | editar a fonte]

Emisión nos cines[editar | editar a fonte]

Antes do seu lanzamento nos cinemas realizáronse probas de emisión con audiencia cun grande éxito segundo o equipo de produción do filme.[9][69] O estudio decidiu omitir o nome de Stephen King na publicidade do filme, xa que querían atraer unha "audiencia máis prestixiosa" que podería rexeitar un filme baseado na obra dun escritor coñecido principalmente por obras de ficción pulp coma The Shining e Cujo.[70]

Tralas primeiras estreas en primicia en setembro no Renaissance Theatre de Mansfield e no Festival Internacional de Cinema de Toronto,[71][72] The Shawshank Redemption comezou a emitirse de forma limitada en Norteamérica o 23 de setembro de 1994. Na súa semana de estrea o filme recadou 727 000 dólares en 33 cinemas, acadando de media uns 22 040 dólares por cinema.[9] Malia que a crítica en xeral eloxiou o filme, segundo Glotzer unha deslucida crítica no Los Angeles Times espantou as audiencias.[9][69] O filme pasou a emitirse de forma xeral o 14 de outubro de 1994 nun total de 944 cinemas, recadando uns 2,4 millóns de dólares, unha media de 2545 dólares por cinema, e acabando no noveno posto para esa semana nos Estados Unidos, trala comedia Exit to Eden (con 3 millóns de dólares) e xusto por diante do drama histórico Quiz Show (con 2,1 millóns de dólares), este último na súa quinta semana de emisión nos cinemas estadounidenses.[34][48] The Shawshank Redemption estivo en cartel ata finais de novembro de 1994, recadando uns 16 millóns de dólares en 10 semanas de emisión,[73] considerándose un fracaso de recadación nos cinemas ó non conseguir recuperar os 25 millóns de orzamento.[9]

O filme competiu na carteleira con Pulp Fiction (cunha recadación de 108 millóns de dólares),[2] que tamén se estreou o 14 de outubro tras gañar unha Palma de Ouro, e con Forrest Gump (cunha recadación de 330 millóns de dólares)[2] que estaba no medio dunha exitosa emisión en cinemas de 42 semanas.[69] Entre as causas do seu fracaso comercial citáronse a tendencia xeral da audiencia a preferir filmes de acción con protagonistas do estilo de Bruce Willis e Arnold Schwarzenegger,[9] ou o seu propio título que resultaba pouco memorable e confuso para a audiencia,[9][20] e de difícil publicidade.[45] Os medios especializados tamén sinalaron a falta de personaxes femininos no filme como outra das causas da pobre recadación, así como a pouca popularidade naquel entón dos filmes de temática carceraria.[20]

Tras recibir varios nomeamentos para os Óscar a comezos de 1995,[9] o filme volveu a emitirse nos cinemas entre febreiro e marzo dese ano.[73] Finalmente o filme recadou uns 28,3 millóns de dólares nos cinemas de Norteamérica, xunto a outros 30 millóns de dólares procedentes doutros mercados, sumando un total de 58,3 millóns de dólares de recadación.[2] Nos Estados Unidos foi o 51º filme con maior recadación de 1994, e o 21º filme con cualificación "R" da MPAA de maior recadación nese mesmo ano.[48]

Vídeo e televisión[editar | editar a fonte]

Malia a decepcionante recadación nos cinemas, en 1995 Warner Home Video distribuíu 320 000 copias de vídeo para alugueiro polos Estados Unidos, algo que os medios especializados consideraron naquel entón un movemento de risco. Non obstante, o filme converteuse nun dos máis alugados dese ano no país.[34] As recomendacións positivas e repeticións de alugueiro por parte de moitos usuarios, así como a boa recepción tanto por parte da audiencia masculina como da feminina, foron os factores que se consideraron chaves para o éxito obtido polo filme no formato de alugueiro.[20]

Turner Broadcasting System adquirira Castle Rock en 1993, o que fixo posible que a súa canle de televisión TNT obtivese os dereitos de emisión por cable do filme.[2] Segundo Glotzer, debido á baixa recadación nos cinemas, TNT puido emitir o filme a un custo moi baixo, mantendo as tarifas de anuncios a prezos altos. O filme comezou a emitirse de forma regular nesta canle en xuño de 1997,[2][9][9] acadando números de audiencia de récord para a cadea,[20] un factor que os medios especializados consideran esencial no feito de que o filme se convertese nun fenómeno cultural tras obter malos resultados nos cinemas.[9] En opinión de Darabont, o punto de inflexión do éxito do filme foron os nomeamentos ós premios Óscar, afirmando: "Ninguén sabía do filme, e ese ano na retransmisión dos Óscar, mencionárono sete veces".[43] En 1996 os dereitos do filme foron traspasados a Warner Bros., trala fusión da súa matriz Time Warner con Turner Broadcasting System.[74]

En 2013, The Shawshank Redemption emitírase en 15 canles de cable nos Estados Unidos, ocupando nese ano 151 horas de emisión, rivalizando con O prezo do poder (1983) e só por detrás de Mrs. Doubtfire (1993). Estivo entre o 15% de mellores filmes para a audiencia adulta entre os 18 e 49 anos nas canles Spike, Up, SundanceTV e Lifetime, e foi o filme máis visto na canle OWN network. En 2014 nun artigo de The Wall Street Journal estimouse que en base ás marxes que os estudios se levan dos beneficios de recadación nos cinemas, das vendas de edicións domésticas e das licenzas para televisión, o filme conseguira uns 100 millóns de ingresos.[2] Ese mesmo ano varios executivos do estudio Warner Bros. confirmaron que o filme era un dos activos máis valorados dentro da biblioteca do estudio.[75]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción da crítica[editar | editar a fonte]

A crítica eloxiou a cinematografía de Roger Deakins (na foto),[76][77] quen obtivo un premio da American Society of Cinematographers.[78]

The Shawshank Redemption estreouse con críticas xeralmente positivas.[79][80][81] Algúns críticos compararon o filme con outros dramas de prisións con boas recepcións, como por exemplo O home de Alcatraz, Alguén voou sobre o niño do cuco, A lenda do indomable e Riot in Cell Block 11.[82][83] Gene Siskel afirmou que ó igual que Alguén voou sobre o niño do cuco, The Shawshank Redemption é un drama inspirador sobre como vencer a autoridade dominante.[83]

Owen Gleiberman de Entertainment Weekly afirmou que Freeman fai que o personaxe de Red se sinta xenuíno.[6] Janet Maslin de The New York Times indicou que Freeman era discretamente impresionante, mais lamentou que o seu papel no filme tivese un alcance limitado, restrinxido á observación de Andy. Maslin considerou que a actuación dominante de Freeman o converte nunha figura moito máis destacada que un simple observador, e que é especialmente emotiva cando describe o nivel de dependencia de Red á vida dentro dos muros da prisión.[84] Leonard Klady de Variety suxeriu que Freeman tiña o papel máis espectacular do filme,[76] e Desson Howe do The Washington Post cualificouno como un "mestre" da cadencia cómica e emotiva.[85] Incluso a crítica de Kenneth Turan no Los Angeles Times, que Glotzer sinalou como causante da mala recadación do filme nos portelos, louvou a Freeman afirmando que "a súa presenza en pantalla case sen esforzo dálle a Shawshank o máis próximo á credibilidade que pode ter".[86]

Da actuación de Robbins Gleiberman afirmou que "no seu papel de bo tipo lacónico, neo-Gary Cooper, [Robbins] é incapaz de facer que Andy conecte coa audiencia".[6] Pola contra, Maslin afirmou que Andy ten o papel máis sutil, pero que Robbins o representa de forma intensa e de forma efectiva cando fai a súa transición dun prisioneiro acabado de chegar a unha figura paternal entrada en anos,[84] mentres que Klady declarou que "a súa actuación fascinante, sinxela ... precisa, honesta e constante serve de áncora para o filme".[76] The Hollywood Reporter indicou que tanto Freeman coma Robbins teñen unha actuación estratificada e destacada que lles outorga individualidade ós seus personaxes,[77] mentres que Peter Travers de Rolling Stone afirmou que a parella crea algo "innegablemente poderoso e emotivo".[82] Segundo Klady, Gunton e Brown son "extremadamente cribles na súa vilanía”,[76] mais Howe argumentou que "o alcaide de Gunton é un personaxe tópico que salienta as virtudes relixiosas ó mesmo tempo que asasina a xente".[85]

Maslin cualificou o filme como un "impresionante debut na dirección que conta unha doce historia cunha sorprendente cantidade de coidado amoroso",[84] e Klady afirmou que os seus únicos fallos se dan cando Darabont se centra demasiado tempo nos personaxes secundarios ou cando adorna demasiado unha historia secundaria.[76] The Hollywood Reporter indicou que tanto a dirección coma o guión eran nítidas, aínda que criticou a longa duración do filme.[77] Segundo Klady a lonxitude e o ton, malia estar moderados polo humor e os eventos inesperados, diminúen a atracción do mainstream polo filme, pero na súa opinión a historia ofrece un retrato fascinante da humanidade innata dos presos.[76] A Gleiberman desagradoulle que se pasasen por alto os crimes dos prisioneiros para mostralos máis como os bos da historia.[6] Klady resumiu o filme cualificándoo como "un entretemento estimable e evocador", comparándoo cun diamante en bruto con pequenos fallos,[76] mentres que Howe o criticou por desviarse da historia con múltiples tramas secundarias e pola súa indulxencia ó escoller finalizar a historia coa reunión de Red e Andy en lugar de deixalo como un misterio.[85] Segundo Ebert, a historia do filme funciona xa que non trata a Andy coma se este fose un heroe, senón de como Red o percibe.[71]

A cinematografía de Deakins recibiu múltiples eloxios,[76] co The Hollywood Reporter cualificándoa de "inquietante" e "ben realizada",[77] mentres que Travers afirmou que "as agonías diarias da vida na prisión preséntanse de forma meticulosa... case podes sentir a frustración e rabia filtrándose pola pel dos prisioneiros".[82] Gleiberman louvou a escolla dos escenarios, escribindo: "as imaxes escuras e saturadas teñen unha sensualidade fragrante, facéndote sentir coma se puideses estirar o brazo e tocar os muros da prisión".[6] The Hollywood Reporter afirmou sobre a banda sonora de Newman que "nos seus mellores momentos, incéndiase con texturas radiantes e alegres notas de graza",[77] mentres que Klady a describiu como "o balance axeitado entre o sombrío e o absurdo".[76]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

O filme recibiu sete nomeamentos ós premios Óscar, o maior número para un filme baseado nunha obra de Stephen King:[87] ó mellor filme, ó mellor actor (Freeman), ó mellor guión adaptado (Darabont), á mellor fotografía (Deakins), á mellor montaxe (Richard Francis-Bruce), ó mellor son (Robert J. Litt, Elliot Tyson, Michael Herbick e Willie D. Burton),[88] e á mellor banda sonora.[68] Porén, non gañou o premio en ningunha das categorías.[87] Recibiu tamén dous nomeamentos ós Globos de Ouro, á mellor actuación dun actor nun filme (Freeman), e ó mellor guión (Darabont).[89]

Robbins e Freeman foron nomeados ó premio de mellor actor do Sindicato de Actores de América en 1995.[90] Darabont foi nomeado ó premio de mellor director do Sindicato de Directores de América en 1994,[91] e ó premio de mellor guión adaptado do Sindicato de Guionistas de América.[92] Deakins gañou o premio á mellor cinematografía da Sociedade Americana de Cinematógrafos,[78] e a produtora Niki Marvin foi nomeada en 1994 ó premio Loureiro Dourado do Sindicato de Produtores de América.[92]

Legado[editar | editar a fonte]

A árbore de Shawshank en 2011

Darabont adaptou posteriormente outras dúas das historias de Stephen King, A milla verde (1999) e The Mist (2007).[93] Nunha entrevista de 2016, King afirmou que The Shawshank Redemption era a adaptación favorita da súa obra xunto con Stand by Me.[94]

O carballo baixo o que Andy lle deixa unha nota a Red indicándolle que viaxe ata Zihuatanejo, converteuse nun símbolo icónico de esperanza trala súa aparición no filme,[55][95] e nun artigo de 2016 no The New York Times indicouse que esta árbore atraía miles de visitantes cada ano.[96] O carballo quedou parcialmente destruído o 29 de xullo de 2011, ó quedar partido por un raio,[95][97] e uns fortes ventos en xullo de 2016 acabaron por derrubalo.[95] Os seus vestixios foron cortados en abril de 2017.[98][99]

O lugar da prisión converteuse nunha atracción turística,[50] contendo moitas das salas e obxectos do filme, incluíndo a falsa tubaxe pola que Andy escapa,[52] así como un anaco do carballo tras quedar danado en 2011.[41] Segundo o departamento do condado de Mansfield/Richland,[56] o turismo na zona incrementouse cada ano trala estrea de The Shawshank Redemption, cuns 18  visitantes no ano 2013.[41] A finais de agosto dese mesmo ano realizáronse varios eventos en Mansfield como conmemoración do 20º aniversario da estrea do filme, incluíndo a emisión do filme no Renaissance Theatre, unha visita guiada en bus polas localizacións do filme e unha festa celebrada no propio reformatorio, eventos ós que asistiron varios membros do elenco do filme.[72]

Recepción posterior e impacto cultural[editar | editar a fonte]

No agregador Rotten Tomatoes indícase un 91% de aprobación para o filme baseado en 66 críticas, cunha nota media de 8.2 sobre 10. O consenso nesta web indica: "The Shawshank Redemption é un drama de prisións inspirador, profundamente satisfactorio, cunha dirección sensible e boas actuacións".[100] Metacritic marca unha puntuación de 80 sobre 100 baseada en 20 críticas, indicando unha valoración de "críticas xeralmente favorables".[101]

En 1999 o crítico Roger Ebert incluíu o filme na súa lista The Great Movies.[81] O filme foi nomeado en varias das listas do American Film Institute sobre os 100 mellores filmes ou temas relacionados con filmes.[102][103][104][105][106][107] En 1998 incluíuse na lista AFI's 100 Years...100 Movies, e incluíuse no posto nº 72 na lista revisada de 2007.[102][103] Acadou o posto nº 23 da lista AFI's 100 Years...100 Cheers de 2006, na que se listan filmes inspiradores.[104] En 2005 o Sindicato de Guionistas de América listou o guión de Darabont no posto nº 22 da súa lista dos 101 Mellores Guións,[108] e en 2014 The Shawshank Redemption foi nomeada o cuarto filme preferido de Hollywood, baseándose nunha enquisa de 2120 membros da industria do cinema con base en Hollywood.[109] En 2017 o xornal The Daily Telegraph nomeouna como o 17º mellor filme sobre prisións da historia.[110] The Shawshank Redemption apareceu tamén en varias listas dos mellores filmes da década de 1990, como por exemplo nas de Paste e NME (2012),[111][112] Complex (2013),[113] CHUD.com (2014),[114] MSN (2015),[115] TheWrap,[116] Maxim[117] e Rolling Stone (2017).[118]

Foi o filme nº 1 na clasificación dos 250 mellores filmes segundo os usuarios de IMDb dende 2008, cando superou a O padriño, manténdose nos primeiros postos desta lista dende finais dos anos 1990.[9][70] No Reino Unido os lectores da revista Empire votárono como o mellor dos anos 1990, como o mellor filme de tódolos tempos en 2006, e quedou cuarto na súa lista de 2008 dos "500 Mellores Filmes de Tódolos Tempos" e na súa lista de 2017 dos "100 Mellores Filmes".[20][119][120][121] En marzo de 2011 a audiencia de BBC Radio 1 e BBC Radio 1Xtra votouno como o seu filme favorito de tódolos tempos.[122]

En novembro de 2014 a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas celebrou o 20º aniversario do filme cunha emisión especial no Samuel Goldwyn Theater de Beverly Hills, California.[43] En 2015 o filme foi seleccionado pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para a súa preservación no National Film Registry pola súa "importancia cultural, histórica, ou estética".[79]

Nunha entrevista para Vanity Fair, Freeman afirmou que "vaias onde vaias, a xente di que The Shawshank Redemption é o mellor filme visto por eles", mentres que Robbins declarou que a tódolos sitios ós que viaxaba polo mundo atopaba xente que lle dicía que o filme "cambiara a súa vida".[9] Noutra entrevista diferente, Stephen King declarou: "Se non é a mellor [adaptación das miñas obras], é unha das dúas ou tres mellores, e certamente, na mente dos espectadores, probablemente é a mellor xa que xeralmente aparece nos primeiros postos das enquisas que se fan sobre filmes."[123]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "'The Shawshank Redemption': 2 Pros and Countless Cons". Entertainment Weekly. 30 de setembro de 1994. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Adams, Russell (22 de maio de 2014). "The Shawshank Residuals". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. (require subscrición (?)). 
  3. "'Cadea perpetua' na TVG". TVG. Consultado o 2 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hooke, Alexander (2014). "The Shawshank Redemption". Philosophy Now. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "The Shawshank Redemption". TV Guide. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gleiberman, Owen (23 de setembro de 1994). "The Shawshank Redemption". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  7. Nichol, John. "Interview: Actor William Sadler Talks Tales From The Crypt, Shawshank, The Mist And More". ComingSoon.net. CraveOnline. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2017. 
  8. Pritchard, Tom (29 de outubro de 2017). "All The Easter Eggs and References Hiding in Thor: Ragnarok". Gizmodo. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 Heiderny, Margaret (22 de setembro de 2014). "The Little-Known Story of How The Shawshank Redemption Became One of the Most Beloved Films of All Time". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  10. TSR 1993, 1h20m32s.
  11. Devine, J.P. (14 de xullo de 2017). "J.P. Devine MIFF Movie Review: ‘The Shawshank Redemption’". Kennebec Journal. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  12. "Mark Rolston". Hollywood.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  13. McNaull, Courtney (1 de xuño de 2017). "Shawshank Hustle back for third year". Mansfield News Journal. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017. 
  14. TSR 1993, 16m42s—19m05s.
  15. Wilson, Sean (22 de agosto de 2017). "The scariest Stephen King characters to stalk the screen". Cineworld. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2017. 
  16. Kermode 2003, p. 14.
  17. Kermode 2003, p. 30.
  18. Kermode 2003, pp. 31, 39.
  19. Kermode 2003, p. 31.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 Kermode, Mark (22 de agosto de 2004). "Hope springs eternal". The Observer. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  21. Kermode 2003, p. 39.
  22. Kermode 2003, p. 48.
  23. Kermode 2003, p. 45.
  24. 24,0 24,1 24,2 Kermode 2003, p. 68.
  25. Kermode 2003, p. 80.
  26. Ebert, Roger (23 de setembro de 1994). "Review: The Shawshank Redemption". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  27. Kermode 2003, p. 69.
  28. Morehouse, Isaac M. (3 de outubro de 2008). "Stop Worrying about the Election". Ludwig von Mises Institute. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  29. Kermode 2003, p. 37.
  30. Kermode 2003, p. 41.
  31. Kermode 2003, p. 38.
  32. 32,0 32,1 32,2 Nordyke, Kimberly (19 de novembro de 2014). "'Shawshank Redemption' Reunion: Stars Share Funny Tales of "Cow Shit," Cut Scenes and that Unwieldy Title". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  33. Kermode 2003, p. 27.
  34. 34,0 34,1 34,2 Chernov, Matthew (22 de setembro de 2014). "'The Shawshank Redemption' at 20: How It Went From Bomb to Beloved". Variety. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2014. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  35. 35,0 35,1 Voisin, Scott. "Character King Bob Gunton on The Shawshank Redemption". Phantom of the Movies' Videoscope. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  36. 36,0 36,1 Kermode 2003, p. 9.
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Schulz, Bill (27 de agosto de 2014). "20 Things You Didn't Know About 'The Shawshank Redemption'". The Daily Beast. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  38. "20 Things You (Probably) Didn't Know About The Shawshank Redemption". ShortList. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  39. 39,0 39,1 Lacher, Irene (5 de outubro de 1994). "The Prize: Directing 'Shawshank' : Frank Darabont Didn't Want to Just Write the Screenplay, So He Took a Pay Cut". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  40. Hutchinson, Sean (24 de setembro de 2015). "15 Things You Might Not Know About The Shawshank Redemption". MSN. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2017. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 Turner, Cory (7 de agosto de 2014). "Visiting 'Shawshank' Sites, 20 Years Later". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  42. 42,0 42,1 "15 Things You Didn't Know About The Shawshank Redemption". Cosmopolitan. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  43. 43,0 43,1 43,2 King, Susan (16 de novembro de 2014). "Classic Hollywood Reconnecting with 'The Shawshank Redemption'". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  44. TRF 2001, 22:42.
  45. 45,0 45,1 Harris, Will (5 de xullo de 2015). "William Sadler on Freedom, naked tai chi, and getting silly as the Grim Reaper". The A.V. Club. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  46. 46,0 46,1 46,2 Emery, Mark (23 de setembro de 2015). "'The Shawshank Redemption': 10 fun facts about the movie 21 years after its release". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  47. Forgione, Mary (9 de xullo de 2014). "'Shawshank Redemption' at 20? Ohio prison, film sites plan events". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  48. 48,0 48,1 48,2 "The Shawshank Redemption (1994)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2010. 
  49. Frook, John Evan (24 de marzo de 1993). "Location News; Mexico’s Cine South looks to branch out". Variety. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  50. 50,0 50,1 50,2 50,3 50,4 50,5 "Cleveland: The Shawshank Redemption prison". The A.V. Club. 8 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  51. 51,0 51,1 Rauzi, Robin (1 de decembro de 1993). "Doing 'Redemption' Time in a Former Prison". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  52. 52,0 52,1 Turner, Cory (4 de agosto de 2011). "On Location: Mansfield, Ohio's 'Shawshank' Industry". NPR. Arquivado dende o orixinal o 15/04/2013. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  53. Valero, Gerardo (6 de xuño de 2016). "The "Shawshank" Greatness, Part II". RogerEbert.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  54. Kubacki, Dan (23 de agosto de 2014). "Locals celebrate 20th anniversary of 'Shawshank' release with eventful weekend". Times-Gazette. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  55. 55,0 55,1 Smith, Nigel (25 de xullo de 2016). "Rotten luck: tree from The Shawshank Redemption toppled by strong winds". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  56. 56,0 56,1 "Shawshank Trail adds 15th stop in Virgin Islands". USA Today. 15 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  57. 57,0 57,1 Stephens, Steve (3 de setembro de 2017). "Ticket to Write: 'Shawshank' scene to be marked on St. Croix". The Columbus Dispatch. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  58. "Sandy Point National Wildlife Refuge (St. Croix)". U.S. News & World Report. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  59. "Pugh Cabin at Malabar Farm State Park". Shawshank Trail. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  60. "Snyder Road and Hagerman Road in Butler, Ohio". Shawshank Trail. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  61. "The Bissman Building". Shawshank Trail. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  62. Kermode 2003, p. 75.
  63. Kermode 2003, pp. 36–37.
  64. "The Shawshank Redemption". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de agosto de 2015. 
  65. Greene, Andy (30 de xullo de 2015). "Flashback: Watch Two Cut Scenes From 'Shawshank Redemption'". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  66. Kermode 2003, pp. 13–14.
  67. 67,0 67,1 Kermode 2003, p. 87.
  68. 68,0 68,1 Adams, Russell (20 de xuño de 2014). "How Thomas Newman Scored 'The Shawshank Redemption'". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  69. 69,0 69,1 69,2 Callaghan, Paul (22 de setembro de 2017). "How The Shawshank Redemption became the internet's favourite film". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  70. 70,0 70,1 Dowd, A.A. (19 de agosto de 2014). "Escape is the unlikely link between The Shawshank Redemption and Natural Born Killers". The A.V. Club. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  71. 71,0 71,1 Ebert, Roger (17 de outubro de 1999). "The Shawshank Redemption". RogerEbert.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  72. 72,0 72,1 Glaser, Susan (12 de agosto de 2014). "'The Shawshank Redemption' 20 years later: Mansfield celebrates its role in the classic film". Cleveland.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  73. 73,0 73,1 "The Shawshank Redemption (1994) – Weekend Box Office Results – Box Office Mojo". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  74. Cox, Dan (6 de decembro de 1997). "Castle Rock near split-rights deal". Variety. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  75. Pallotta, Frank (28 de maio de 2014). "'The Shawshank Redemption' Accounted For A Huge Amount Of Cable Air Time In 2013". Business Insider. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  76. 76,0 76,1 76,2 76,3 76,4 76,5 76,6 76,7 76,8 Klady, Leonard (9 de setembro de 1994). "Review: 'The Shawshank Redemption'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  77. 77,0 77,1 77,2 77,3 77,4 "'The Shawshank Redemption': THR's 1994 Review". The Hollywood Reporter. 23 de setembro de 1994. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  78. 78,0 78,1 "9th Annual ASC Awards – 1994". theasc.com. American Society of Cinematographers. 1994. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2012. 
  79. 79,0 79,1 Barnes, Mike (16 de decembro de 2015). "'Ghostbusters,' 'Top Gun,' 'Shawshank' Enter National Film Registry". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2015. 
  80. Kirkland, Bruce (22 de setembro de 2014). "The Shawshank Redemption: 20 years on, it's still a classic". Toronto Sun. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  81. 81,0 81,1 Ebert, Roger (17 de outubro de 1999). "Great Movies: The Shawshank Redemption". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  82. 82,0 82,1 82,2 Travers, Peter (23 de setembro de 1994). "The Shawshank Redemption". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  83. 83,0 83,1 Siskel, Gene (23 de setembro de 1994). "`The Shawshank Redemption' Unlocks A Journey To Freedom". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  84. 84,0 84,1 84,2 Maslin, Janet (17 de outubro de 1999). "Film Review; Prison Tale by Stephen King Told Gently, Believe It or Not". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  85. 85,0 85,1 85,2 Howe, Desson (23 de setembro de 1994). "'The Shawshank Redemption' (R)". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  86. Turan, Kenneth (23 de setembro de 1994). "Movie Review : 'Shawshank': Solid Portrayals But A Dubious Treatment". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  87. 87,0 87,1 "The Best and Worst of Stephen King's Movies – MSN Movies News". MSN. 20 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. 
  88. "The 67th Academy Awards (1995) Nominees and Winners". Oscars.org. Academy Awards. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  89. "The 52nd Annual Golden Globe Awards (1995)". goldenglobes.org. Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  90. "The Inaugural Screen Actors Guild Awards". sagawards.org. Screen Actors Guild. 1995. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de outubro de 2012. 
  91. Dutka, Elaine (24 de xaneiro de 1995). "DGA Nods: What's It Mean for the Oscars? : Movies: The surprising nominations of Frank Darabont ("Shawshank Redemption") and Mike Newell ("Four Weddings and a Funeral") may throw a twist into the Academy Awards". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2012. 
  92. 92,0 92,1 "The Shawshank Redemption – Presented at The Great Digital Film Festival". Cineplex Entertainment. 7 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  93. "The Shawshank Redemption". Oscars.org. Academy Awards. 18 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  94. Fleming Jr., Mike (2 de febreiro de 2016). "Stephen King On What Hollywood Owes Authors When Their Books Become Films: Q&A". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  95. 95,0 95,1 95,2 Whitmire, Lou (22 de xullo de 2016). "'Shawshank' tree falls over". Mansfield News Journal. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  96. Victor, Daniel (25 de xullo de 2016). "Famed Oak Tree From ‘Shawshank Redemption’ Is Toppled by Heavy Winds". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  97. Child, Ben (3 de agosto de 2011). "Shawshank Redemption tree split in half by storm". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  98. Martz, Linda (17 de xuño de 2017). "Last of ‘Shawshank Redemption' tree cut up". WKYC. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  99. "'Shawshank' oak tree merchandise for sale during 'Shawshank Hustle' in Mansfield". WKYC. 17 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  100. "The Shawshank Redemption". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  101. "The Shawshank Redemption". Metacritic. 18 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  102. 102,0 102,1 "America's Greatest Movies" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  103. 103,0 103,1 "AFI's 100 Years...100 Movies – 10th Anniversary Edition" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  104. 104,0 104,1 "AFI's 100 Years...100 Cheers" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de marzo de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  105. "AFI's 100 Years...100 Heroes & Villains" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  106. "AFI's 100 Years...100 Songs" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2015. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  107. "AFI's 100 Years of Film Scores" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2013. 
  108. "101 Greatest Screenplays". Writers Guild of America, West. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  109. "Hollywood's 100 Favorite Films". The Hollywood Reporter. 25 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  110. Robey, Tim (23 de xullo de 2017). "From Shawshank to Scum: the 20 best prison movies ever made". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  111. Dunaway, Michael (10 de xullo de 2012). "The 90 Best Movies of the 1990s". Paste. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  112. Nicholls, Owen (15 de maio de 2012). "9 Best Films Of The 90s". NME. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  113. "The 50 Best Movies of the '90s". Complex. 22 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  114. Nunziata, Nick (29 de decembro de 2014). "The 100 Best Movies Ever – The Shawshank Redemption (#4)". CHUD.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  115. Horner, Rachel (3 de abril de 2017). "Top 50 Movies From the '90s". MSN. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  116. Welk, Brian (13 de xullo de 2017). "90 Best Movies of the ’90s, From ‘The Silence of the Lambs’ to ‘The Matrix’ (Photos)". TheWrap. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  117. Sciarrino, John (3 de abril de 2017). "The 30 Greatest Movies Of The '90S, Ranked". Maxim. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  118. Kreps, Daniel; et al. (12 de xullo de 2017). "The 100 Greatest Movies of the Nineties". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  119. "Shawshank is 'best ever film'". London Evening Standard. 27 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  120. "The 500 Greatest Movies of All Time". Empire. 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  121. "The 100 Greatest Movies". Empire. 23 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  122. "Your favourite movies!". BBC Radio 1. 10 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  123. Branch, Chris (24 de setembro de 2014). "Stephen King Thought The 'Shawshank Redemption' Screenplay Was 'Too Talky'". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]