The Fault in Our Stars (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Fault in Our Stars
Ficha técnica
Título orixinalThe Fault in Our Stars
DirectorJosh Boone
ProdutorWyck Godfrey
Marty Bowen
GuiónScott Neustadter
Michael H. Weber
Baseado enThe Fault in Our Stars de John Green
IntérpretesShailene Woodley
Ansel Elgort
Nat Wolff
Laura Dern
Sam Trammell
Willem Dafoe
MúsicaMike Mogis
Nate Walcott
FotografíaBen Richardson
MontaxeRobb Sullivan
EstudioTemple Hill Entertainment
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFestival internacional de Seattle: 16 de maio de 2014
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroRomance, drama
Orzamento$12 000 000[1]
Recadación$299 105 716[2]
Na rede
IMDB: tt2582846 Filmaffinity: 550582 Allocine: 218926 Rottentomatoes: m/the_fault_in_our_stars Mojo: faultinourstars Allmovie: v590262 TCM: 2004877 Metacritic: movie/the-fault-in-our-stars
Facebook: faultinourstarsmovie Twitter: thefaultmovie Netlix: 70298734Editar o valor em Wikidata

The Fault in Our Stars é un filme estadounidense dirixido por Josh Boone, que se estreou no 2014. Baséase na novela homónima de John Green. Está protagonizado por Shailene Woodley, Ansel Elgort e Nat Wolff, xunto con Laura Dern, Sam Trammell Willem Dafoe nos papeis secundarios. Woodley interpreta a Hazel Grace Lancaster, unha adolescente de dezaseis anos con cancro que é obrigada polos seus pais a asistir a programas de axuda en grupo. Alí coñecerá e namorarase de Augustus Waters, interpretado por Elgort.

A creación de The Fault in Our Stars comezou en xaneiro de 2012, cando Fox 2000, unha división de 20th Century Fox, se fixo cos dereitos para adaptar a novela. A rodaxe principal comezou o 26 de agosto de 2013 en Pittsburgh, cuns días adicionais en Ámsterdam, e concluíu o 16 de outubro de 2013.

The Fault in Our Stars foi estreado o 6 de xuño de 2014 nos Estados Unidos. Recibiu unha boa acollida da crítica, que eloxiou a interpretación de Woodley, así como o filme completo. Tamén foi un éxito comercial, sendo o número un en recadación na semana da súa estrea, e conseguindo $299 millóns en todo o mundo, partindo dun presuposto de $12. Foi estreado en Blu-Ray e DVD o 16 de setembro de 2014.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Malia que un milagre médico conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, a adolescente Hazel (Shailene Woodley) sempre se considerou unha enferma terminal. Porén, cando Gus (Ansel Elgort) entra a formar parte do grupo de axuda para enfermos de cancro xuvenil, a vida de Hazel cambia de súpeto.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "The Fault In Our Stars (2014)". Box Office Mojo. IMDB. Consultado o 16 de setembro de 2014. 
  3. Sperling, Nicole (15 de febreiro de 2014). "As 'The Fault in Our Stars' is filmed, John Green turns astrologer". latimes.com. Consultado o 29 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]