Terry Eagleton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTerry Eagleton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Salford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría da literatura, crítica literaria, ciencia da literatura, literatura de non ficción e literatura científica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncrítico literario , teórico literario , escritor , especialista en literatura , historiador da literatura , escritor de non ficción , profesor universitario , estudoso da literatura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Manchester (2001–2008)
Universidade de Oxford (1969–2001)
Universidade de Lancaster (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista dos Trabalhadores (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoNova Esquerda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRaymond Williams Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 178681

Terence Francis Eagleton, nado o 22 de febreiro de 1943 en Salford (Gran Manchester), é un crítico literario inglés.

Eagleton traballa dende 2008 coma catedrático de literatura inglesa na Universidade de Lancaster e coma profesor visitante na Universidade Nacional de Irlanda, en Galway. Anteriormente ocupou a cátedra Thomas Warton de literatura inglesa na Universidade de Oxford (1992-2001) e a John Edward Taylor na Universidade de Manchester ata 2008. No outono de 2009 retornou á Universidade de Notre Dame como profesor visitante distinguido no departamento de inglés.

O profesor Eagleton leva escritos máis de corenta libros, incluíndo os famosos Literary Theory: An Introduction (1983), The Ideology of the Aesthetic (1990), e The Illusions of Postmodernism (1996).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Seus pais eran católicos de clase traballadora en Salford, aínda que tiñan raíces no condado de Galway. A familia da nai eran simpatizantes do republicanismo irlandés. Foi porteiro nun convento carmelita local onde era responsable de escoltar as monxas novizas que tomaban os seus votos, actividade á que fai referencia no título das súas memorias The Gatekeeper.[1]

Realizou os esturos primarios en De La Salle College de Salford, Manchester e despois estudou, a partir de 1961, no Trinity College de Cambridge.[1]

Presupostos teóricos[editar | editar a fonte]

Literary Theory: an Introduction (1983, revisada 1996), probablemente o seu libro máis coñecido, percorre a historia do estudo de textos, dende os románticos no século XIX ata os posmodernistas de final do século XX. O seu pensamento segue a ser claramente marxista.

Tamén ten escrito críticas sobre o estruturalismo, Lacan, e a deconstrución.

Como demostran as súas memorias The Gatekeeper, o seu marxismo está lonxe de ser un simple pasatempo teórico. Participou activamente en organizacións marxistas británicas. Na actualidade continúa participando como analista político en publicacións coma The New Statesman, Red Pepper e The Guardian.

En After Theory (2003) critica a teoría cultural e literaria actual, o que considera a súa bastardización. Non conclúe, porén, que o estudo interdisciplinario da literatura e a cultura que representa a práctica baixo a epígrafe "Teoría" careza de mérito. En realidade, Eagleton defende que tal combinación é útil para abrir os estudos culturais a un amplo abano de temas importantes. A súa acusación, pola contra, céntrase nos "teóricos relativistas" e o rexeitamento por parte da postmodernidade dos absolutos. Conclúe que un absoluto si existe: todos vivimos nun corpo que non pode ter propietario porque nada se fixo para adquirilo, e nada (a excepción do suicidio) se pode facer para desfacerse del. Os nosos corpos e a súa morte proporcionan o absoluto sobre o que a humanidade pode centrar as súas accións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andrews, Kernan (18 de decembro de 2008). "Terry Eagleton - taking on the capitalists and atheists in Galway". advertiser.ie (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Smith, James (2008). Terry Eagleton (ebook). Colección: Key Contemporary Thinkers (en inglés). Cambridge: Polity Press. ISBN 978-0-7456-5795-0.