Teopompo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeopompo
Nome orixinal(grc) Θεόπομπος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Quíos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 320 a. C. Editar o valor em Wikidata
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , historiador , escritor , orador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIsócrates de Atenas Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiDamasistratus of Chios (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Teopompo, nado en Quíos no -380 e finado en -323 foi un historiador grego, posibelmente o máis importante do século -IV[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na illa de Quíos, no Exeo. O seu pai, Damisístrato, deulle unha educación esmerada. Nas discordias entre Tebas, Atenas e Esparta, a súa familia pronunciouse por Esparta, o que motivou a saída da súa terra. Sábese que en Atenas asistiu á escola de Isócrates. Fixo numerosas viaxes para documentar as súas obras. A máis importante é as Filípicas, formado por 58 libros, centrado na historia de Filipo II de Macedonia. Na súa obra predomina un estilo moralista, distiguíndose pola súa crítica á vida privada de Filipo á vez que apoiaba as súas accións políticas. Recibiu influencias de Heródoto, Isócrates e Antístenes[2].

Perdeuse todo o seu traballo, pero é coñecido polas longas citas que fan del outros autores. Ademais das Filípicas escribiu unhas Helénicas, continuación da obra de Tucídides, que abarca desde o -410 ata a batalla de Cnido. As Helénicas, parecen ser de menor importancia a tenor do pouco citada que é, propia da etapa inicial do autor. Sobre esta obra, o experto en historiografía Arnaldo Momigliano declara que

Teopompo debeu pois madurar precisamente no esforzo de proseguir a obra de Tucídides[2].

Momigliano destaca en Teopompo a superación ao modelo de Tucídides. A entrada de Filipo invalida o esquema Esparta-Atenas, debendo adecuar os modelos históricos á nova realidade política. Tamén escribiu unha Diatriba contra Platón e uns Panexíricos. Segundo Dionisio de Halicarnaso, non só foi un gran historiador, senón un orador excelente e un dos discípulos que honraron máis a escola de Isócrates.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roussel, Denis: Os historiadores gregos páx. 137
  2. 2,0 2,1 Momigliano, Arnaldo: A historiografía grega páx. 173

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Fragmentos da obra de Teopompo.
    • Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Eugène Cavaignac (1876 - 1969); ed. de 1912, en París.