Teodora de Trebisonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teodora de Trebisonda
Nacemento1253
Lugar de nacementoTrebisonda
Falecemento1285
Lugar de falecementoSinope
NacionalidadeImperio de Trebisonda e Imperio Bizantino
Ocupaciónpolítica e Freira
PaiManuel I de Trebisonda
NaiRusudan da Geórgia
IrmánsXurxo, emperador de Trebisonda, Andrónico II de Trebisonda e Xoán II de Trebisonda
editar datos en Wikidata ]

Teodora Comnena (en grego: Θεοδώρα Μεγάλη Κομνηνή, Theodōra Megalē Komnēnē), nada antes de 1253 e finada despois de 1285, foi emperatriz de Trebisonda de 1284 a 1285. Foi unha filla do emperador Manuel I de Trebisonda coa súa segunda esposa, Rusudan, unha princesa xeorxiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1284, coa axuda do rei xeorxiano de Imereti, David VI Narin logrou apoderarse da coroa do seu medio irmán, o emperador Xoán II. Pouco despois foi derrotada e Xoán recuperou o seu trono, pero lograra reinar o tempo suficiente para cuñar as súas propias moedas. Xa sexa antes ou despois do seu curto reinado, Teodora foi monxa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.