Teodora Cantacuzena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeodora Cantacuzena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1340 Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 1390 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio de Trebisonda
Imperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAleixo III de Trebisonda (1358 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosAna de Trebizonda, rainha da Geórgia (pt) Traducir, Eudóxia de Trebizonda (pt) Traducir, Manuel III de Trebisonda, Basileios Comnenos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNikephoros Kantakouzenos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e (Anna) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Teodora Cantacuzena, nada c. 1340 e finada despois de 1390, foi a emperatriz consorte de Aleixo III de Trebisonda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teodora é considerada filla de Nicéforo Cantacuzeno, sebastocrátor. Segundo a crónica do seu parente Xoán VI Cantacuzeno, Nicéforo foi encarcerado por ordes de Aleixo Apocauco, un dos principais asesores de Ana de Savoia na guerra civil contra Xoán VI, en 1341. Nicéforo foi liberado máis tarde e foi o gobernador de Adrianópole na década de 1350. A identidade da súa nai é descoñecida[1].

As traducións dispoñíbeis en latín da crónica mencionan a Nicéforo como patruelis de Xoán VI, un primo irmán paterno. Asumindo que isto non foi un erro de tradución, o avó paterno de Teodora sería un irmán de Miguel Cantacuzeno[2].

O 28 de setembro de 1351, Teodora casou con Aleixo III de Trebisonda. De acordo con Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era (1926) de William Miller, o matrimonio tivo lugar na reconstruída Igrexa de Santo Uxio. Miller considera que o matrimonio foi o resultado dunha alianza entre Xoán VI e Aleixo III[1].

Tiveron seis fillos. A maternidade das fillas foi cuestionada debido ao seu matrimonio con gobernantes non cristiáns, unha práctica normalmente seguida polas fillas ilexítimas dos emperadores, como María Paleóloga. Con todo non son mencionados como fillos ilexítimos nas fontes dispoñíbeis[3]:

Logo da morte de Aleixo III o 20 de marzo de 1390, Teodora retirouse a un mosteiro en Constantinopla. O seu nome monástico foi Teodosia. Non hai mención sobre ela despois[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Profile of Theodora Kantakouzene in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  2. Profile of Michael Kantakouzenos and his family in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  3. Profile of Alexios III and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  4. Profile of Bagrat V and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  5. Profile of Tadjeddin and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
  6. Profile of Constantine Dragaš and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley