Tareixa de Xesús Jornet e Ibars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Tareixa de Xesús Jornet e Ibars
Monumento a Santa Tareixa Jornet en Valencia.
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1843 en Aitona, Lleida
Pasamento26 de agosto de 1897 (54 anos) en Liria, Valencia
Proceso de canonización
Beatificación27 de abril de 1958 por Pío XII
Canonización27 de xaneiro de 1974 por Paulo VI
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade26 de agosto

Santa Tareixa de Xesús Jornet, nada como Teresa Jornet e Ibars en Aitona (Lleida) o 9 de xaneiro de 1843 e finada en Liria, Valencia o 26 de agosto de 1897 foi unha relixiosa española. En 1873 fundou a Orde das Irmás dos Anciáns Desamparados en Barbastro. Á súa morte había 103 asilos en España e América.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tareixa naceu nunha familia relixiosa. A súa irmá Josefa foi Filla da Caridade no hospital da Habana, a súa irmá María e tres fillas do seu irmán Juan incorporáronse á nova orde, a súa tía Rosa, irmá da súa nai, morreu en olor de santidade e o seu tío avó, o Beato Francisco Palau, foi frade carmelita exclaustrado, orador, escritor e penitente.

Estudou en Lleida para mestra e ingresou no mosteiro das clarisas de Briviesca (Burgos). A situación política da segunda metade do século XIX non permitía a emisión de votos, polo que se fixo carmelita terciaria, dedicándose ao ensino. Posteriormente, xunto cun grupo de sacerdotes en Barbastro, dedicouse á atención dos anciáns abandonados, dende onde viaxou a Valencia, casa nai das Irmás dos Anciáns Desamparados.

Antes de falecer en 1897 deixou dito he escrito que non quería canonizacións na orde se co paso do tempo houbese Irmás canonizables e indicou que non desexaba que se gastase diñeiro e recursos en propoñer a subida aos alteras de ninguén. Por este motivo o seu proceso de beatificación se alongou tanto no tempo. Foi beatificada en 1958 e canonizada en 1974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]